Performance outonal

Ao longo do curso facemos moitas actividades, algunhas moi elaboradas e prolongadas no tempo e outras moi espontáneas, que xorden no momento e que ás veces poden ser tan satisfactorias coma as outras.

Neste caso, na clase de 4 anos, coas follas recollidas polo alumnado, xurdiu unha desas tan efémeras coma divertidas, fixemos unha performance outonal na que os nenos e nenas, por parellas, lle facían sentir ao outro/a que era unha árbore chea de follas, que pouco a pouco ían perdendo ao tempo que o vento os facía abanear e o frío se ía incrementando.

Pódense ver todas as fotografías no blog de aula.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s