2020, o ano da reinvención educativa

Aínda así, xa non temos tantos medos. E sobre todo, sabemos que temos capacidade de facerlle fronte ao inesperado e ao inédito. Pois quizás sexa esa a lección que podemos extraer de entre todo o negativo que vivimos. O reto de “volver a empezar”, de superarnos a nós mesmos, de dar seguridade a quen ten medo, de poñer o maxín a funcionar para buscar alternativas, de non perder as ganas de facer escola, de ser mestras por enriba de todo.

Un ano de “O latexo dunha aula infantil”

Xa estamos a traballar sobre ese terceiro co que nós pensamos pechar o círculo do que consideramos imprescindible para facer unha escola infantil de calidade respectuosa cos nenos e nenas. Non queremos contar máis, tan só dicirvos que estamos moi ilusionadas, que xa ten o título e mailo esqueleto e que estamos a darlle corpo. Con todo, queremos recordar que aínda que hai quen nos honra chamándonos escritoras, estamos moi lonxe de selo, fáltanos oficio e talento. Nós preferimos denominarnos “cronistas das aulas”, algo máis axustado ao que en realidade somos.