A nosa achega á educación infantil

Presentación

“Existe unha definición bastante aceptable e aceptada da innovación como unha serie de intervencións, decisións e procesos, con certo grao de intencionalidade e sistematización, que tratan de modificar actitudes, ideas, culturas, contidos, modelos e prácticas pedagóxicas. E, a súa vez, de introducir nunha liña renovadora, novos proxectos e programas, materiais curriculares, estratexias de ensinanza e aprendizaxe, modelos didácticos e outra forma de organizar e xestionar o currículo, o centro e a dinámica da aula”. Jaume Carbonell, La aventura de innovar.

Educar é unha “arte”  que require da innovación; porén queremos que InnovArte sexa a nosa consigna, que precisa  doutras “artes”: FormArte, ReflexionArte, VinculArte, CativArte, ActualizArte, CuestionArte, LexislArte, AchegArte, IlusionArte, e ata se fai falla, RebelArte.

Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira somos mestras do 2º ciclo de educación infantil, pero a nosa intención é que a nosa achega sexa do interese das persoas que traballan en toda a etapa, xa que cremos ten  que ser concibida como un contínuum , non podería ser doutro xeito.

Este non é un blogue de denuncia, nin de crítica, nin de pesimismos, actuamos ata onde somos quen de facelo, nós mesmas e o noso traballo diario, que  pretendemos mellorar con todas as “artes” antes apuntadas. As estatísticas son o que son, polo que empregaremos case sempre o feminino para referirnos ás persoas que traballan na educación infantil, dense por acollidos todos os profesionais, pero é un chiscadelo, por isto de compensar a desigualdade.

O recollido neste blogue, nós xa o vimos, e queremos compartilo, pero tamén cremos será de xustiza que nos fagades chegar todo aquilo que consideredes interesante para á educación infantil, dirixido a calquera ámbito da comunidade educativa, para o alumnado, para os profesionais, para as familias, así como calquera suxestión de mellora. A única premisa: que cumpra cos significados e atributos da innovación educativa apuntados ao inicio, xa que logo, nós esforzarémonos por facer o mesmo, e contribuír deste xeito á mellora da atención á infancia; obxectivo, ata se queredes, pretencioso, pero aplicarémonos o lema “pensa globalmente e actúa localmente”.

Por que Spiral Jetty como imaxe do blog?

Un ano de InnovArte

Dous anos de InnovArte

Tres anos de InnovArte

Catro anos de InnovArte

Cinco anos e mil post de InnovArte

Sete anos de InnovArte

  1. Graciñas por compartir con nós! por este blog tan delicioso e exquisito.
    Hoxe é un bo día por tervos descuberto!

  2. Un blog moi interesante.
    Coincido coa miña compañeira Viqui. Eu tamen traballo na Fundacion Preescolar na Casa. Fago o programa de radio que emitimos na Galega.
    Gustariame poder contactar con vos. comunicacion@preescolarnacasa.org
    Grazs

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: