Abus

Máis de trinta poemas agrupados en tres bloques, dedicados a avós e netos, e aos seus propios netos. Inicia cunha presentación na que expón as razóns deste libro “abuelado” así como cun poema entrañable titulado “O oficio dos avós” no que quedan retratados cos seus anhelos e desvelos, coas súas ilusións e preocupacións, coa súa memoria e a súa historia.

Fabulinus unha escola con B.S.O.

En varias ocasións temos escrito en InnovArte sobre as nosas amigas as arxentinas Alejandra Dubovik e Alejandra Cippitelli, fundadoras do Jardín de Infantes Fabulinus. Con motivo da publicación dun novo monográfico da Revista Latinoamericana de Educación Infantil dedicado á Música, quixemos relatar con detalle as accións educativas desta escola relacionadas coa música. Aquí recollemos un fragmento e deixamos a ligazón a RELAdEI 10.

Quehaceres de maestros

A editorial Octaedro en colaboración co grupo Rosa Sensat vén de presentar a traducción da publicación brasileira, “Quehaceres de maestros y de gestores de la escuela de la infancia”, sobre a que xa temos falado en InnovArte e para a que nos solicitaron un texto de presentación que recollemos de seguido xa que é o mellor resumo que podemos facer deste libro.

Fastío dos falabaratos pedagóxicos

Hai tempo que temos parado InnovArte, a imposibilidade de conciliar o que cremos co que facemos  -debido ás restricións e dificultades derivadas da pandemia- leváronnos a un tempo de traballo cara dentro. Non era tempo de parolar, era tempo de resolver e de turrar para diante.