Modelando a sombra

Estes días de atrás, grazas ao bo tempo, puidemos permitirnos xogos co sol e coas sombras. Xa o tiñamos feito noutras ocasións, pero agora e tras o traballo coa sombra sobre o reloxo analemático, fixémolo dun xeito máis coidado, xa buscando a sombra de deseño. Axudáronos moito as suxestivas fotografías do libro “¡Asómbrate!” de Cecile Gabriel publicado en SM, que nos fai adiviñar o que se agocha tras as sombras e os reflexos.

Inicialmente estaban máis ocupados en reproducir as posturas que viron nas imaxes ca na sombra que producían, pero cando entenderon en que posición lograban a mellor sombra, comezaron modelala. Non é doado e o control da sombra require moito ensaio. Ademais a sombra que produce o sol é diferente de cando xogamos a facela co retroproxector, esta vai “pegada” aos nosos pés. O seguinte paso xa foron as composicións entre varios e o uso de elementos do patio para lograr sombras curiosas. A partir de aí non dábamos atendido tanta chamada para fotografar as súas creacións.

O que sentimos é que non damos atopado o libro “Filiberto e o xastre de sombras” de Benoît Perroud, publicado en Kalandraka editora en 1999, xa que logo, víñanos ao fío deste noso xogo.


Unha fonte inesgotable de creatividade e diversión.

Ver presentación.

Sombras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s