“Poemas para un planeta en apuros”

Quixemos gardar esta alfaia poética como agasallo de comezo de ano, malia que xa souberamos del hai uns meses da man dunha das autoras desta antoloxía, Mari Carmen Díez Navarro. Como podedes supoñer, en canto nos chegou buscamos os tres poemas da nosa amiga titulados“El oficio del aire”, “El oficio de la tierra”, “El oficio del mar”, e xa de seu suxestivos.

De seguido fomos descubrindo os de Mar Benegas , Beatriz Berrocal, María Canosa Blanco, Concha Castro , Isabel Cobo , Mª Carmen Díez Navarro, Mariluz Escribano, Cristina Falcón Maldonado, Carmen Gil, Gracia Iglesias,  María Jesús Jabato, Raquel Lanseros, Ana Merino, Beatriz Osés, Vanesa Pérez-Sauquillo, Mª Carmen Quiles Cabrera, María José Rico, Ana María Romero Yebra, María Rosal, Bianca Estela Sánchez, Margarita Souviron que colaboran nesta publicación poética de corte ecoloxista que incitan “ a actuar polo ben da natureza, do propio e deixar unha lembranza luminosa na memoria.”

Organizado en dous bloques, “Mundo animado” e “Versos al paisaje é un canto a todo aquilo que nos axuda a interpretar o mundo que nos rodea, a sentir a vida, a percibila con sentidos máis sabios.

¡Aquí la Tierra! Poemas para un planeta en apuros da editorial Valparaíso está chamado a ser un deses poemarios de cabeceira, ao que botamos man en calquera ocasión para saborear, para sensibilizar, para descubrir e para reflexionar.

Deixar un comentario