A nosa achega á educación infantil

Poemas galegos no Kartonlibro

In AlfabetizArte on 14/05/2012 at 16:13

Cando fixemos o Kartonlibro acordamos que o encheríamos daqueles poemas galegos que máis nos gustaron ao longo dos tres anos que permanecemos xuntos; sería un recordo das poesías lidas na escola infantil para conservar e ler con gusto na casa na compaña da súa familia.

Esta foi a escolma:

Rebumbio no galiñeiro, de Rosalía Morlán.

Cantiga do mazarico, de Emilio Pita.

Neniña, de Xosé María Álvarez Blázquez.

Canción das tres cucharas, de Luís Pimentel.

A lingua, de Helena Villar e Xesús Rábade.

Canción para que un neno durma, de Xulio López Valcarcel.

Arco da vella, de Manuel María.

Tanto te escondiche, sol, de Antonio Noriega Varela.

As froliñas dos toxos, de Antonio Noriega Varela.

No país das bolboretas, de Antonio García Teijeiro.

A araña tece, de Anisia Miranda.

No bicarelo do bico do brelo e Canta o cuco, de Uxío Novoneyra.

Tomámolas de libros como:

O que ben che quer”, de Xosé María Álvarez Blazquez en OQO Editora, 2008.

 “Estrelas de azucre”, de Rosalía Morlán en Edicións Fervenza, 2012.

O libro dos cen poemas. Antoloxía da poesía infantil galega”, de Xosé María Álvarez Cáccamo en Espiral Maior, 2002.

Antoloxía da poesía galega para nenos”, de Celia Ruíz Ibáñez en Susaeta, 2000.

Curros Enríquez para nenos”, de Xesús Alonso Montero en Ediciones de la Torre, 1988.

Aire sonoro”, de Antonio García Teijeiro en Ir Indo, 2001.

Bolboretas no papel”, de Antonio García Teijeiro en Tambre, 2008.

Os nosos versos”, de Antonio García Teijeiro en Xerais, 2012.

Ao traballo de copia dos poemas e ilustración dos mesmos, hai que engadirlle o da comprensión da linguaxe metafórica, dos símiles, das rimas, da estrutura en estrofas en versos, da apreciación da beleza do cotián, da dozura da nosa lingua, do que é propio dos galegos, e moitas outras cuestións que foron xurdindo arredor de cada unha das poesías seleccionadas.

Para nós un traballo sobre a lingua e a cultura galega sobre textos do gusto dos nenos e nenas, a mellor homenaxe que se lle pode facer ás nosas letras, sen meter con calzador en infantil a obra de autores homenaxeados no Día das Letras Galegas (este xa é o terceiro ano que porfiamos co mesmo), de xeito que non lles deixan ningunha pegada no seu recordo.

Ver presentación e poemas.

Poemas galegos_Kartonlibro
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: