Responsabilidade

Imos dar comezo ao curso académico máis complexo de todos os coñecidos ata agora. Dous días antes, non sei que nos molesta máis: -se escoitar ás familias que desconfían da escola;-se escoitar ao profesorado que secunda unha folga no primeiro día.

Docentes, non heroes

Non señores, os mestres e as mestras tampouco seremos heroes nin heroínas. Somos traballadores e traballadoras que temos que volver aos nosos postos de traballo nun contexto máis complexo ca antes disto.

Securitizacion e xudilización dos centros educativos

Sorprendéronme as dúas complexas palabras que repetían a cotío: securitización e xudilización. Daquela estabamos confinados e pensabamos na volta en setembro. Agora volvo a repetilas más do que desexaría. Dende mediados de agosto estamos no inferno da imaxinación colectiva. Os docentes inmersos en procesos de securitización. A sociedade en xeral, as familias en particular, nos de xudilización dos centros educativos. Faladoiros, columnas de opinión, as redes sociais están que arden con comentarios que nos remiten a esas dúas palabriñas.