Fastío dos falabaratos pedagóxicos

Hai tempo que temos parado InnovArte, a imposibilidade de conciliar o que cremos co que facemos  -debido ás restricións e dificultades derivadas da pandemia- leváronnos a un tempo de traballo cara dentro. Non era tempo de parolar, era tempo de resolver e de turrar para diante.

Mestres conscientes da situación

Debemos mentalizarnos de que non se trata de seguir facendo o mesmo ca antes senón, dirixir as nosas actuacións a paliar o que pode saír máis danado, buscando alternativas non contaxiosas pero que recuperen aquela quimera da formación integral e desenvolvemento harmónico dos pequenos.

Non pechen as escolas infantís!

Entón a pregunta é clara ¿non cabería a posibilidade de que os máis pequenos puideran asistir á escola aínda que fose en xornadas reducidas e con grupos reducidos? Por exemplo, facer dúas quendas evitando todos os servizos externos.

Responsabilidade

Imos dar comezo ao curso académico máis complexo de todos os coñecidos ata agora. Dous días antes, non sei que nos molesta máis: -se escoitar ás familias que desconfían da escola;-se escoitar ao profesorado que secunda unha folga no primeiro día.