Mestres conscientes da situación

Debemos mentalizarnos de que non se trata de seguir facendo o mesmo ca antes senón, dirixir as nosas actuacións a paliar o que pode saír máis danado, buscando alternativas non contaxiosas pero que recuperen aquela quimera da formación integral e desenvolvemento harmónico dos pequenos.

Non pechen as escolas infantís!

Entón a pregunta é clara ¿non cabería a posibilidade de que os máis pequenos puideran asistir á escola aínda que fose en xornadas reducidas e con grupos reducidos? Por exemplo, facer dúas quendas evitando todos os servizos externos.