“La vuelta a la escuela”

Sempre valoramos cando alguén comparte altruístamente o seu saber e bo facer. Dias atrás, Sandra Mediavilla unha admirada compañeira de Cantabria (membro do consello de redacción da revista Aula de Infantil), fíxonos chegar o documento “La vuelta a la escuela”, elaborado xunto con outros mestres de infantil e dispoñible a través do CEP de Santander.

En momentos de críticas, denuncias, reivindicacións e alarmismo, non sabedes canto agradecemos esta lectura. Unha mirada delicada e sensible na que partindo do que é a educación infantil hoxe, van tocando o mundo das relacións nesta etapa, os espazos (centros, aulas, contorna natural e a nivel municipal), os tempos (acollida, entradas, saídas, vida cotiá), os materiais, as propostas colectivas ou as de aula. Abordan tamén a posibilidade de que se suspendan as clases presenciais e para rematar, un decálogo de mínimos para unha dignidade educativa.

Latente e cada unha das súas páxinas: como conciliar o dereito á saúde e o dereito á educación velando polo benestar do alumnado sen caer na improvisación, na queixa ou na desesperanza?

Deixar un comentario