A perda dos rituais: consecuencias Covid-19

Se algún día saímos deste túnel, teremos deixado polo camiño a meirande parte dos ritos que nos consolidaban como comunidade. E pode ser dramático, xa que logo, como el di “os rituais danlle estabilidade á vida grazas á repetición”, “obxectivan e proporcionan unha referencia do mundo”. Ritos de socialización, de celebración, de paso, de peche ou de transición están en risco de desaparición.

2020, o ano da reinvención educativa

Aínda así, xa non temos tantos medos. E sobre todo, sabemos que temos capacidade de facerlle fronte ao inesperado e ao inédito. Pois quizás sexa esa a lección que podemos extraer de entre todo o negativo que vivimos. O reto de “volver a empezar”, de superarnos a nós mesmos, de dar seguridade a quen ten medo, de poñer o maxín a funcionar para buscar alternativas, de non perder as ganas de facer escola, de ser mestras por enriba de todo.

Mestres conscientes da situación

Debemos mentalizarnos de que non se trata de seguir facendo o mesmo ca antes senón, dirixir as nosas actuacións a paliar o que pode saír máis danado, buscando alternativas non contaxiosas pero que recuperen aquela quimera da formación integral e desenvolvemento harmónico dos pequenos.

Non pechen as escolas infantís!

Entón a pregunta é clara ¿non cabería a posibilidade de que os máis pequenos puideran asistir á escola aínda que fose en xornadas reducidas e con grupos reducidos? Por exemplo, facer dúas quendas evitando todos os servizos externos.

Securitizacion e xudilización dos centros educativos

Sorprendéronme as dúas complexas palabras que repetían a cotío: securitización e xudilización. Daquela estabamos confinados e pensabamos na volta en setembro. Agora volvo a repetilas más do que desexaría. Dende mediados de agosto estamos no inferno da imaxinación colectiva. Os docentes inmersos en procesos de securitización. A sociedade en xeral, as familias en particular, nos de xudilización dos centros educativos. Faladoiros, columnas de opinión, as redes sociais están que arden con comentarios que nos remiten a esas dúas palabriñas.

Inicio do 2015

Chegounos esta felicitación de Aninovo dunha familia amiga -xente que vive entre as palabras, os libros, a lingua e a … Máis