Abus

Tralo o confinamento, o abrazo máis anhelado polos pequenos era o dos seus avós. As mestras vimos nas súas caras a ilusión por que chegase esa fin de semana na que ao fin puideron velos. Na escola tamén botabamos de menos a eses maiores que agardan con alegría polos seus netos. Foron meses tristes, os medios e a publicidade facíanse eco da desazón de nenos e maiores, así como dos esforzos que se fixeron para suplir esa carencia. En cuestión de semanas tiveron que familiarizarse cos encontros virtuais. As videollamadas entraron a formar parte do repertorio habitual de persoas que anteriormente rehuían desas “cousas da rapazada”. Non quedou outra que facer as reunións familiares fronte a unha pantalla. Foi un tempo de revalorizar os vínculos familiares aínda na distancia.

Cada quen exconxurouno como puido. A nosa amiga Mari Carmen Díez Navarro fíxoo levando a cabo un proxecto que acariñara desde moito atrás pero que ata entón non concibira como tal. Empuxada por amigos e coa proposta da editorial Iglú, quixo reunir aqueles poemas que escribira en distintos momentos para os seus netos. Poemas para todos os netos do mundo, porque aínda dirixidos a Liam e Noah, recollen fidedignamente o sentimento ou os afectos de calquera avoa ou avó. Abus, un libro que ela dedica aos seus avós e aos seus netos pero tamén a “todos os avós e netos do mundo co desexo de que gocen estándose preto.”

Máis de trinta poemas agrupados en tres bloques, dedicados a avós e netos, e aos seus propios netos. Inicia cunha presentación na que expón as razóns deste libro “abuelado” así como cun poema entrañable titulado “O oficio dos avós” no que quedan retratados cos seus anhelos e desvelos, coas súas ilusións e preocupacións, coa súa memoria e a súa historia.

O oficio dos avós /é lembrar / narrar contos sentidos, / recuperar memorias.

O oficio dos avós / é bicar e bicar / consentir algún intre, / regalar o incontable.

Baixo denominacións comúns e outras máis curiosas ou particulares, é unha homenaxe a todos os abus, yayos, nonas, agüelitos, aos bis e mesmo aos tíos avós e avós postizos, que de todo hai nesta botica de afectos próximos.

Se tivésemos que elixir unha, con certeza nos decantaríamos por “A avoa grande”, porque vemos plasmada a Mari Carmen e porque nos vemos plasmadas todas aquelas que poderiamos ser avoas aínda sen selo.

“A avoa grande / si ten boca, / por iso usa / palabras tolas.

A avoa grande / si ten risa, / por iso usa /versos sen présa.

Con todo, o poema “Este neno lindo” é tan enternecedor que se merece ser musicado; lémolo e escoitabamos o son dunha nana. Quizais sería o próximo paso a dar para esta rica publicación, que non precisa de máis acompañamento ca dun fermoso formato, unha paleta de cores que foxen do ñoño e unhas ilustracións infantís tan sinceras como acertada a súa elección.

Un libro dedicado aos avós que se sae da linea oportunista e melíflua de moitos outros. Ser avós non significa estar chochos, nin ser unhas entelequias, nin uns chiflados, senón unhas persoas que xa liberadas doutras presións poden vivir plenamente o querer e o desexo de transmitir o mellor aos seus netos. As nosas felicitacións á autora e á editorial por tan honesta aposta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s