Dálle a volta. Proxecto de educación para o consumo en educación infantil
“Dálle a volta” é un programa para introducir a perspectiva do consumo responsable na educación infantil. Una proposta novidosa, centrada, na educac
ión emocional ecun enfoque desde as competencias básicas que pretende darlle a volta a todo aquilo ao que nos arrastra a actual sociedade de consumo. Está integrado por:
“Area fai 6” un conto interactivo, co que os nenos e as nenas poderán xogar.
“Dálle a volta” Neste documento establécese o marco teórico e referencial de como levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor ofrecendo orientacións e exemplos de como tratar o consumo responsable desde o proxecto educativo do centro infantil, desde cada un dos equipos de dinamización presentes nas escolas, desde a biblioteca escolar ou desde a aula, en estreita colaboración coas familias e con outros servizos que atenden ás nenas e nenos galegos no seu día a día. Así mesmo, recolle tres exemplificacións didácticas nas que se amosa como traballar a educación para o consumo en cada un dos niveis do 2º ciclo de EI. Todo isto cunha morea de ligazóns que amplían e complementan a información.
Medrando sans: de sentimento en sentimento…de emoción en emoción.
Esta publicación céntrase no tratamento de contidos emocionais nas aulas, recollendo:
– Artigos de opinión de profesionais de recoñecido prestixio neste ámbito.
– Exemplificacións didácticas.
– Experiencias de centros educativos
– Unha selección musical para as distintas emocións se sentimentos.
– Referencias bibliográficas e selección de enlaces de interese.
Está dirixida ao profesorado que imparte en Educación Infantil pero considérase que pode ser de gran utilidade para o profesorado doutros niveis educativos.
Podedes descargalo desde aquí.
Medrando sans: De bocado en bocado… de xogo en xogo. Propostas didácticas
Publicación didáctica dirixida a mestres e mestras de educación infantil. Para esta idade en que a lectura de contos lles resulta tan próxima e atractiva a nenas e nenos, quixemos seleccionar, entre os que se publican en lingua galega, aqueles relatos que nos dan pé a traballar hábitos saudables: a alimentación e a actividade física. Ademais, decidimos acompañalos desta guía na que se recolle unha exemplificación didáctica para cada unha das narracións, así como outros materiais (recursos, experiencias de centros educativos, bibliografía e ligazóns web ) que nos han axudar a traballar un tema tan serio e transcendente como é o do estilo de vida que levamos, do que forman parte hábitos cotiáns tales como o xeito de combinar os alimentos ou o movemento do corpo cada día. Descárgao.
Lexislación da educación infantil 
Ao igual que se fixo coa dos niveis educativos superiores, é unha compilación do currículo da etapa e da regulación da súa implantación, ordenación e avaliación. Accede desde aquí.
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
Os proxectos globalizados ou interdisciplinarios requiren dun proceso que ten validez para desenvolverse en calquera momento, idade, etapa ou temática, están fundamentados na busca, análise, contraste e interpretación da información e en facilitar no alumnado unha aprendizaxe sustentada na comprensión e na construción de significados. Descárgao.
O proceso de adaptación. E ti … vas á escola?
A entrada nunha escola infantil significa o primeiro achegamento a un espazo educativo e de relacións que acompañará a nena ou o neno durante moitos anos da súa vida, pero significa tamén a primeira separación do seu medio familiar.
Non é un momento sinxelo, de aí que unha axeitada elaboración desta separación, coidando a continuidade do apego entre pais, nais e persoal educador e a transición entre ambos os dous contextos, familia e escola, permitirán aos nenos e ás nenas sentar as primeiras bases da súa autoconfianza.
O planeamento coidadoso e individualizado do período de adaptación é clave na axeitada transición do neno ou da nena dende a familia á escola infantil; por iso esta publicación conxunta, entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, froito do traballo de profesionais do primeiro e segundo ciclos da educación infantil, pretende ser unha guía tanto para as persoas profesionais da educación como para os pais e as nais sobre o xeito de afrontar este período nun ambiente de seguridade e confianza mutua. Descárgao.
O inglés en infantil: unha porta ao plurilingüísmo
Falar de aprender linguas na primeira década do século XXI é falar de cambio, de renovación. Na Europa de hoxe, inmersa na vertixe da globalización, na mobilidade de cidadáns e cidadás e no continuo desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación, o concepto de comunicación é diferente. De aí que as recomendacións europeas en materia de linguas vaian enfocadas cara ao plurilingüismo, pero un plurilingüismo que non esquece a importancia das linguas rexionais e minoritarias. Falar de competencia en comunicación lingüística é falar do papel das linguas ambientais e estranxeiras na construción dunha identidade europea e da integración de España e Galicia en Europa.
O obxectivo principal desta publicación é achegar o mundo da educación infantil ao profesorado especialista de inglés e fornecelo de propostas de traballo que exemplifican como ha de concibirse a exposición ao inglés nesta etapa, unha etapa idónea para comezar a sentar as bases da futura competencia plurilingüe e intercultural do alumnado. Descárgao.
Medrando sans: de bocado en bocado… de xogo en xogo. Experiencias de aula.
Recolle a selección de exemplificacións didácticas para a elaboración de secuencias didácticas dirixidas á etapa de educación infantil que promovan a adquisición de hábitos saudables relacionados coa alimentación e a actividade física. Así, partindo de diferentes recursos: contos, cancións, adiviñas, obras pictóricas, celebracións de festa, etc., achéganse ás aulas diferentes contidos que incidan na boa alimentación e a necesidade da actividade física. Descárgao.