Un ano de “O latexo dunha aula infantil”

Fai agora un ano presentábamos o noso segundo libro da que denominamos “Triloxía InnovArte”. Fixémolo na nosa vila, abeiradas polo agarimo das persoas que nos viron medrar, das que nos foron acompañando no camiño e das que nos respectan pola achega que facemos á escola infantil: alumnado, familias, compañeiras ou seareiras.

A todo quen nos di que lle gustou “Os fíos de infantil”, adoitamos responderlle que “O latexo” lle gustará máis, pois foi un libro escrito xa coa confianza da súa acollida. É máis InnovArte, con ese punto de rebeldía contra o imposto que sempre caracterizou o blog.

Dende aquela, á versión galega con Galaxia editorial, viñeron sumarse outras dúas edicións: a castelán coa editorial Octaedro e a brasileira con Phorte editorial que ata se arriscou a sacalo a toda cor. Non podemos máis ca agradecerlle ás tres os recursos que depositaron neste libro e na súa promoción, o que fai que hoxe xa se fixeran novas edicións, vendendo milleiros de exemplares, algo bastante insólito cando estamos a falar dun libro de didáctica dirixido a un colectivo como é o da educación infantil. Nin nos nosos mellores soños imaxinaríamos tal cousa.

En grande medida, o éxito debémosllo ao “boca a boca” –mesmo virtual-, e sobre todo ás excelentes críticas que lle fixeron dende revistas educativas referenciais como In-fan-cia (nas súas tres edicións), Aula de Infantil, Guix d´Infantil ou na Revista Galega da Educación, da man de pedagogos como Jaume Carbonell Sebarroja ou Eduardo Fuentes Abeledo. Por non falar dos comentarios recollidos en blogs, xornais dixitais, nas redes sociais, nos medios de comunicación como a Radio (Montse Pena Présas) ou na Televisión Galega (

Contribuíu tamén á súa difusión, que nos convidaran a participar en tantos eventos formativos para debullar polo miúdo o seu contido e razón de ser.

E por suposto, debémosllo a todas as persoas que, tras rematar a súa lectura, o consideran digno para recomendar ou para obsequiar a amizades. Emocionámonos cando nos chegan fotos de quen os recibe nos aniversarios, remates de curso ou como sorpresas inesperadas.

Se seguimos con esta cadencia de sacar libro cada dous anos (“Os fíos” no 2017, “O latexo” no 2019), para o ano que vén, teremos novidades. Xa estamos a traballar sobre ese terceiro co que nós pensamos pechar o círculo do que consideramos imprescindible para facer unha escola infantil de calidade respectuosa cos nenos e nenas. Non queremos contar máis, tan só dicirvos que estamos moi ilusionadas, que xa ten o título e mailo esqueleto e que estamos a darlle corpo. Con todo, queremos recordar que aínda que hai quen nos honra chamándonos escritoras, estamos moi lonxe de selo, fáltanos oficio e talento. Nós preferimos denominarnos “cronistas das aulas”, algo máis axustado ao que en realidade somos.

Adoitan dicirnos que as nosas publicacións son cribles porque están avaladas polo coñecemento da escola dende o día a día, coas alegrías e pesares que todos sentimos, co fundamento teórico e co rigor práctico, coa honestidade de quen sabe que non ten as respostas pero que non elude as preguntas, coa sinceridade de quen ante todo o demais, antepón o benestar da infancia sen importarlle se o que di “atenta” contra mal entendidos “dereitos adquiridos” ou “tradicións escolares consolidadas”.

Desexamos que as nosas publicacións sigan a darnos tantas alegrías e satisfaccións -tanto profesionais coma persoais-, pero sobre todo, desexamos que sexan de utilidade para quen quere medrar día a día, reflexionando e repensando a escola.

Grazas mil por tanto.

Empezar a leer

Booktrailer “El latido de un aula infantil”, Octaedro editorial

O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián“, en El Correo Gallego TV-Librería Couceiro

Jaume Carbonell Sebarroja:”Diez libros sobre educación, cosecha 2020″, en Blog Pedagogías siglo XXI-El Diario de la educación, 2020

Eduardo Fuentes Abeledo: “Recensión sobre O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián, en Revista Galega da Educación, 70, 2020

Los 90 mejores libros para docentes“, en Educación 3.0

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s