A nosa achega á educación infantil

O Nadal

In InformArte on 06/12/2010 at 09:08

O Nadal encerra múltiples tradicións que asumimos ano tras ano sen preguntarnos cal é a súa orixe ou cal é o seu significado.

No portal de contidos educativos da CEOU atopamos “O Nadal”, un especial no que poderemos coñecer rituais como o do Tizón do Nadal, tradicións, cantos, como se celebra no mundo, e doutras celebracións vinculadas ao Nadal, así como outros enlaces interesantes de Galicia digitalGalicia espallada e Vieiros.

Nós contámoslle aos nenos e nenas a antiga lenda celta do “Rei Carballo e o Rei Acivro”, unha narración “solar” que trata de dar explicación á Roda do Ano. No solsticio de Verán o Rei Carballo está no punto máximo da súa forza, mentres o Rei Acivro está no seu punto máis fráxil. O Rei Acivro comeza a gañar poder no equinoccio de Outono chegando ó seu máximo poder durante o solsticio de Inverno cando as súas bagas tornan de cor vermella, mentres que o Rei Carballo perde as súas follas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: