A nosa achega á educación infantil

“Los cansados”

In FamiliarizArte,ReflexionArte on 27/11/2014 at 07:43

Todas as mestras (e mestres) de infantil nos sentimos orgullosas cando, cara finais de ciclo, botamos a vista atrás recordando como era o noso alumnado cando entrou na escola e valoramos os cambios acaecidos neles nestes tres anos. Esta é a grande satisfacción do noso traballo. Sempre nos parece que xa os encarreiramos ben: falan e manifestan actitudes de compañeirismo, de responsabilidade co medio e coa sociedade, saben ducias de maneiras coas que ocupar o seu tempo, gozan cos libros, refírense con afecto ás persoas coas que se relacionan … O que non sabemos é o que pasa despois. Logo, cando vemos nos medios episodios de violencia familiar ou escolar, cando vemos comportamentos vandálicos, cando os vemos absortos cos seus smartphones incomunicados coa súa contorna, cando os escoitamos en programas televisivos falando dos soños (ser famosos, ir de shopping, non facer nada…), daquela, preguntámonos que é o que pasou en tan só dez anos.

Non paramos de darlle voltas a isto; lemos, reflexionamos, analizamos, pero nunca atinamos no que nos equivocamos, escola, familia e sociedade. Hai quen cre que é un problema educativo, hai quen lle bota a culpa á familia, hai quen pensa que a clave está na disciplina, e quen pon o acento na liberdade,  ou no cambio de enfoque, do tipo que sexa.

Emporiso, mercamos este libro cando o vimos na librería. “Los cansados”, preséntase coma unha novela (que non o é) que penetra no mundo descoñecido dos fillos e no non menos descoñecido dos “postpais”. Os cansos son os fillos adolescentes, que polo xeral dormen cando os demais están espertos; mozos e mozas que deixan todo prendido, nada apagado; todo aberto, nada pechado; todo empezado, nada rematado. Michele Serra, o seu autor, ten unha mirada implacable cara os fillos e cara os pais, e narra os conflitos, as ocasións perdidas, o sentimento de culpa, preguntándose que é o que pasou, como pasou e onde nos perdemos.

Xa nas primeiras páxinas atopamos unha reflexión que fai o pai que dá para moito pensar.

“Pienso en lo fácil que ha sido quererte de niño. En lo difícil que es seguir haciéndolo ahora que nuestras estaturas se han emparejado, tu voz se asemeja a la mía y reclama por tanto el mismo tono y volumen, las dimensiones de los cuerpos son las mismas.

El amor natural que se siente por los hijos de niños no es un mérito. No requiere habilidades que no sean instintivas. Incluso un idiota o un cínico es capaz de ello. (…) Es años más tarde, cuando tu hijo (el ángel inépto que te hacía sentir como un dios porque lo alimentabas y lo protegías; y a ti te gustaba creerte poderoso y bueno) se transforma en un semejante tuyo, en un hombre, en una mujer, en definitiva, en alguien como tú, cuando quererlo exige las virtudes que cuentan. La paciencia, la fortaleza de ánimo, la autoridad, la severidad, la generosidad, la ejemplaridad…, demasiadas, demasiadas virtudes para quien, mientras tanto, trata de seguir viviendo.”

Unha visión dun “pai titubeante”, que co seu “relativismo ético”, considera que esta xeración de snobs de novo cuño, precisan facer da necesidade virtude, xa que logo “habeis llegado a un mundo que ya ha agotado todas las experiencias, digerido todos los alimentos, cantado todas las canciones, leído y escrito todos los libros, librado todas las guerras, hecho todos los viajes, amueblado todas las casas, inventado y luego desmontado todas las ideas…, y pretender, en este mundo usado, oíros exclamar: “¡Qué bonito!”, veros avanzar entusiastas siguiendo caminos consumidos por millones de pasos, eso no, no queréis -podéis, debéis-concedérnoslo.

Cremos que é unha lectura recomendable coa que, por momentos, nos sentiremos reflectidos, mesmo cando o pai, coa sinceridade que impregna todo o libro se pregunta “Cuántas veces, en lugar de mandarte al carajo, hubiera debido abrazarte. Cuántas veces te abracé y, en cambio, hubiera debido mandarte al carajo.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: