A nosa achega á educación infantil

As risas do mundo

In AlfabetizArte,CativArte on 04/04/2017 at 22:36

IMG_2864

Nunha actividade da biblioteca escolar do centro encomendáronnos representar plasticamente un fragmento dun poema de Gabriela Mistral:

“Doña Primavera de aliento fecundo

se ríe de todas las penas del mundo”.

Durante uns días estivemos a pensar como facelo, reflexionando sobre o que quería dicir “aliento fecundo”, como podía rirse de todas as penas do mundo e, en definitiva, sobre como sería Doña Primavera.

Comezamos polo máis doado, como sería a risa da primavera; tivémolo claro: tiña que ser en gha, gha gha, xa que mudando a vogal parecía ter outros matices. A pregunta que nos asaltou de inmediato -vendo a diferenza de escribilo en galego ou en español, foi si riría igual noutros lugares do mundo. Debemos apuntar que gustamos moito de traballar con onomatopeias, escribirlas, e mesmo ilustrarlas. Hai un gran número de páxinas en internet que nos facilitan a escrita da  risa en distintos idiomas, sendo algunhas moi curiosas. Estaban tan interesados que quixeron elaborar una listaxe para poder compartila coas súas familias. Así estivemos xogando coas risas de dona Primavera.

img_28631.jpg

A montaxe final foi moi sinxela. Eliximos as cores que enchen a paisaxe que vemos a través do ventanal. Usando ceras acuarelables preparamos unha base  con esas cores. sobos colores. Sobre o lenzo escribimos o poema e finalmente engadimos uns bocadillos coas risas da primavera en idiomas.

Tan só nos quedaba a dúbida de esa xente doutros países ría coma nós ou ría reproducindo os sons da escrita.

Un pequeno traballo de investigación, de vocabulario, de lingua, de escrita, de participación das familias, de representación plástica e de consenso que nos mantivo interesados ao longo duns días.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: