A nosa achega á educación infantil

Intervención artística inicial

In CativArte on 18/09/2012 at 06:54

Se ben pechamos o pasado curso cunha intervención artística –a experiencia do tall painting-, quixemos empezar este con unha acción que resume tres das constantes da nosa práctica: a reutilización e/ou reciclaxe de material, a creación plástica e a procura de novos usos para clásicos escolares.

Co alumnado que leva un ou dous anos connosco, fixemos un expurgo de material, do que saíron cantidade de anacos de cera branda que xa non poden utilizar convencionalmente, porén en troques de tiralas este é o novo uso que lle demos.

Cada neno/a fai a súa composición sobre o lenzo, fíxase con silicona fría e finalmente deixase que as cores se deslicen ao seu antollo froito da calor que reciben do secador do pelo. Para os de 4 e 5 anos foi absolutamente engaiolante ver como as ceras poden “pintar” un lenzo elas soas.

Ver presentación.

Ceras quentes
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: