A nosa achega á educación infantil

4º curso de InnovArte

In EmocionArte on 18/09/2012 at 06:53

Tras un descanso de case tres meses, damos comezo ao 4º curso académico de Innovarte. Se ben, a finais do pasado xuño tiñamos serias dúbidas de se volver, o verán cumpriu con esa acción reparadora que se espera del e axudounos a ver que aínda temos moito que contar.

Nesta decisión foron determinantes os comentarios recibidos, tanto a través do blog como persoalmente, nomeadamente os dunhas profesoras da facultade de CC.EE., que insistiron en facernos ver que somos un recurso de utilidade non só para outras e outros compañeiros en activo, senón tamén para a formación inicial do profesorado.

Cremos que axudar aos que se inician é un deber dos que xa temos máis experiencia e anos de exercicio; ese foi un dos nosos obxectivos cando abrimos InnovArte, porén, se é certo que somos de axuda, esforzarémonos por seguir compartindo reflexións, inquedanzas, coñecemento e mesmo dúbidas profesionais.

Sempre insistimos en dicir que este blog non depende de ningunha entidade, marca, ou asociación; non inclúe publicidade, non vendemos nada, nin esperamos máis ca que nos serva para repensar a nosa práctica. Se ben antes se facía isto en pequenos grupos, a día de hoxe, cremos que non podemos desaproveitar a ocasión que nos brinda a rede para ampliar o abano  de diferentes ópticas e opinións, xa que logo non queremos enrocarnos nesa única visión pretensiosa e falsamente segura da sabedoría dos anos de traballo. Queremos dar e recibir.

Neste curso estamos con grupos de 3 anos –Ángeles-, de 4 anos –Sandra- e de 5 anos –Isabel-, polo que coma sempre iremos amosando experiencias e recursos para os tres niveis; agora ben, en InnovArte hai na actualidade 725 entradas, emporiso, non querendo incorrer no erro da procura continua da novidade pola novidade, nin nunha nova forma de consumo irresponsable –o da información-, iremos de cando en vez recuperando moito do xa dito. Cando o consideremos oportuno, enviaremos ao Facebook e a Twitter as ligazóns a posts escritos nos tres cursos anteriores.

Comezamos a andaina do curso 2012-13, non sabemos ben se cargadas ou lixeiras de equipaxe, polo que vos deixamos esta suxestiva imaxe dunha escultura de Arman, “Consigna da vida” e que cadaquén pense se precisa desfacerse de cargas innecesarias ou se lle compre encher moitas valixas.

Advertisements
  1. Feliz cuarto aniversario e moitas grazas pola xenerosidade de compartir con nos as vosas experiencias e a visa sapiencia. Animo e moita enerxía

    • Benprezada Aurora que alegría saber de ti. Ánimo temos moito, enerxía non nos falta, compartir compartimos o que aprendemos, escoitamos, vemos, e falamos con outras moitas compañeiras. Tan só nos deferenza que nós escribímolo.
      Unha aperta ben forte e ánimo tamén para ti.

  2. Queridas compañeiras é un luxo podervos seguir de novo. Moito ánimo e grazas polas vosas experiencias que nos fan reflexionar tanto.
    Mª Jose. Mestra infantil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: