Homenaxe ao Sol

???????????????????????????????

Tras tres meses de chuvia, reapareceu o sol e, con el, a alegría; mesmo hai un ambiente festivo polas rúas e polos parques infantís.

O noso alumnado non se ve cheo de estar ao aire libre e de mirar cara o ceo azul. Así, quixemos facerlle a nosa particular homenaxe ao Sol que nos dá tanta vida. Foi algo moi rápido e espontáneo, de modo que tan só empregamos unha técnica de chorreo de pintura directamente do bote e deixamos que ela mesma se “movese” ao seu antollo. Como non podía ser doutro xeito, as cores elixidas foron brillantes, cheas de purpurinas e de luz. Témpera líquida sobre cartón.

???????????????????????????????

Ver as representacións do grupo de 4 anos.

Sol

E velaquí o traballo feito co grupo de 3 anos. Témpera líquida sobre planchas de poliestireno expandido.

1 Comment

  1. felicidades!!! me gustan muchísimo vuestros soles!!! viva el sol!!soy una seguidora de vuestra publicación innovarte en educación infantil, gracias por compartir vuestras ideas y reflexiones… me anima y ayuda Gracias!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s