Pintando o fondo do mar

img_4107

Gustamos moito de contar coa axuda de persoas “expertas” na clase que poñen o seu coñecemento e habilidades ao servizo das nosas dúbidas ou problemas. Nesta ocasión recorremos á experiencia da amiga Amalia Costa Bouzas, unha artista plástica que, entre outras moitas temáticas, ten especial predilección por plasmar fondos mariños, pozas e reflexos na auga nas súas obras.

Ao longo deste outono, climatoloxicamente tan bondadoso, o noso alumnado e as súas familias aproveitaron para dar moitos paseos pola beira do mar, dos que sempre nos traían agasallos (cunchas, anacos de madeira, pedras e area) que queríamos ter presentes na aula para rememorar eses momentos tan pracenteiros para eles, así, pedíranme que fixera un cadro con eles. Realizamos unha presentación que tiñamos nun recuncho da aula xunto con outras coleccións de cunhas, pero non acababa de ser totalmente do seu agrado xa que logo, dicían non lles recordaba o mar, nin ulía a mar…, o que nos pedían era todo un reto.

img_4035

Velaquí un dos nosos problemas aos que había que buscarlle solución. Emporiso solicitamos a colaboración de Amalia. Chegou chea de recursos: fotografías de pozas mariñas que lle serven de inspiración, cunchas, anacos de madeira e de cristal pulidos polo mar, algas, corais e pedras.

Tras mostrarlle todo isto e conversar sobre o obxectivo que pretendían púxose mans á obra: cun taboleiro de madeira e pigmentos díxolles que recrearía un fondo mariño. A sorpresa veu cando como utensilio para pintar sacou un secador de pelo. Non daban creto ao que vían, ía pintar cun secador, isto superaba todas as nosas anteriores extravagancias.

En verdade, tras todo un proceso no que foi acomodando a pintura co efecto do vento, o resultado é espectacular polos efectos creados así como polas texturas que foi deixando que mesmo semellan a auga en movemento sobre a area.

Tralo secado, non quedou máis que engadir os elementos.

img_4095

Agora si están satisfeitos do resultado, isto si que lles recorda unha desas pozas nas que eles adoitan xogar nos días de praia. Nós tamén o estamos por todo o rico proceso que nos conduciu a este resultado  froito de moito debate e de moito pensar para resolver un problema.

img_4111

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s