A nosa achega á educación infantil

Prensa na escola

In InformArte on 09/03/2010 at 22:58

Do 8 ao 12 de marzo celébrase a Semana da Prensa na Escola. É unha boa ocasión para traballar sobre a importancia dos medios de comunicación escrita e o seu papel como informadores; sobre os xornais e as noticias, que son e para que serven; o formato das noticias; a análise tipográfica dos xornais e o seu modo de lectura. Ben sabemos que  son actividades que se poden realizar co alumnado de educación infantil, malia que haxa quen pense o contrario. A modo orientativo, pódese consultar o artigo Secuencia de tipoloxía textual con texto informativo: a noticia, da mestra Teresa Neira, publicado no libro “Medrando sans, de sentimento en sentimento…, de emoción en emoción”, a partir da páxina 161.

No mesmo libro, páxina 156, recóllese unha secuencia didáctica sobre o conto “E que podo facer eu?” de OQO,  que apela á solidariedade entre as persoas e a historia xorde da raíz da lectura dunha noticia no xornal. “Todas as mañás mentres toma o almorzo, o señor X le o xornal…, sen saltar a letra pequena. Algunhas noticias non lle moven un pelo, outras fanlle cóxegas e moitas danlle arrepíos desde a punta da deda gorda ata a punta do nariz. Entón o corpo éncheselle de preocupacións …”

Para ler na clase: “El mágico mundo de los periódicos”, de María Oset en Pequepress. Un álbum ilustrado que trata de achegar o alumnado ao mundo dos periódicos comparándoos con bolas de cristal, sopas de letras…, e poñendo aos seus protagonistas no papel de reporteiros.

  1. Ola Ángeles e Isabel !. Son Lidia de Sanxenxo.Ángeles foi a nosa asesora nun grupo de traballo sobre xogar a pensar no Cefore de Pontevedra hai xa uns 7 anos ( aínda onte nos reunimos as do grupo que xa non é oficial pero seguimos a traballar polo nosa conta ). Gústame moito o voso blog.Sodes moi xenerosas compartindo tanta información que ás mestras de infantil vainos ser de gran axuda.No colexio de Cruceiro estamos a traballar a prensa na escola, sobre todo, en 6º de primaria e nos dous grupos de 5 anos de infantil.A verdade é que é moi enriquecedor. Lin o traballo de Tareixa cando saíra publicado,fabuloso, como todo o que fai. Un saúdo e moito ánimo para seguir. Dende hoxe, aquí tendes unha seguidora .

    • Lidia que alegría ter novas túas. A ver se coincidimos algunha vez. Por certo gustárache como quedara a túa experiencia no libro das emocións? Non sabes como agradecemos os comentarios como o teu, porque aínda que imos vendo as visitas diarias ao blog, son poucas as persoas que nos fan algunha suxestión e a nós calquera día vansenos acabar as ideas e precisamos que nos digades algo ou que nos fagades suxestións. Xa vés cal é a línea, non queremos snobismos nin frikismos, queremos sentidiño común, que fai moita falla. Unha aperta e non sabes que alegría nos deches

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: