A nosa achega á educación infantil

Educación sostible

In InformArte on 18/09/2012 at 06:56

Moito temos que contar do percibido nestes días de inicio de curso, dos claustros rutineiros e das motivacións particulares de cadaquén que levan á toma de decisións ás veces desatinadas e/ou interesadas; da acollida dos novos grupos e das súas familias; das primeiras impresións; do período de adaptación; da organización do curso; da adxudicación de coordinacións varias; das “rarezas” das mestras de infantil; das reivindicacións laborais e do compromiso docente; así como de moitos outros aspectos da vida interna dos centros e de como son percibidos no exterior. Coma sempre farémolo sen deixarnos levar por un falso corporativismo, ou pola contra, sectarismo; farémolo coa intención de poñer certas cuestións enriba da mesa e analizalas cunha mirada obxectiva. Haberá tempo dabondo.

Agora, o que queremos, coma noutras ocasións, é fixar un obxectivo de longo prazo, mesmo utópico, pero que serva de referente da nosa práctica para este novo curso académico. Sempre o facemos, se ben é certo que nunca os acadamos, é unha meta presente que nos obriga a dar un golpe de temón e manobrar cando vemos que nos estamos desviando do porto ao que queremos chegar.

Unha das nosas teimas é rebelarnos contra o desaforado activismo sen sentido e contra a présa que imos imprimindo na vida dos máis pequenos, emporiso, noutras ocasións temos falado de ir paseniño, de festina lente, da slow education ou do paradigma do decrecemento. Na mesma liña, o propósito deste curso será o de proporcionarlle aos cativos unha educación sostible, que lle permita adquirir os coñecementos as competencias, as actitudes e os valores que lle sexan de utilidade no presente e no futuro, dentro e, sobre todo, fóra da escola.

Pode parecer algo obvio, pero cómpre pensar cantas das nosas ensinanzas resistirían esa revisión. A meirande parte das aprendizaxes que realizan os nenos e nenas só lles serven para ese reducido contexto, mesmo ás veces, non lles valen por igual con todas as persoas que interveñen con eles no centro. Para pensar devagar.

Sen présa pero sen pausa, debemos enfilar cara unha educación sostible, cara un desenvolvemento sostible e cara un estilo de vida sostible que lles permita forxar(se) un futuro mellor. Esa será a nosa meta e trataremos de desbotar aquilo que non cumpra esta consigna.

Imaxe “A hora de todos” de Arman.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: