Achégase o momento no que faremos plantacións na escola (bulbos, sementes, escallos, raíces), emporiso botamos man de moita información e vídeos nos que se resume o proceso dende a plantación ata a floración ou frutificación, pero gústannos especialmente aqueles nos que se aprecia a simbiose que se da na natureza. Así chegamos a esta fermosa curtametraxe, obra dun artista botánico contemporáneo, Azuma Makoto, quen non sabendo como explicarlle o proceso á súa filla de cinco anos, decidiu realizar esta curta coas ilustracións de Katie Scott se o animador Jamie Paulley. En tres minutos e medio, resúmese a vida das flores. Unha historia non narrativa, mestura de ciencia e arte, na que se pode ver a polinización, xerminación, descomposición e os microorganismos que viven nas raíces das plantas.
Unha autentica delicia.