Un libro para todos os días

Hai días do libro e libros para todos os días. Nós, hai pouco que, grazas á compañeira Vicky, coñecemos “Um livro para todos os días” de Isabel Minhós Martíns, publicado en Planeta Tangerina, esa editora portuguesa que fai que cando viaxamos ao país veciño, merquemos algunha das súas pequenas xoíñas. Isto é algo que lle recomendamos a todas as persoas amantes da LIX, pois teñen títulos inesquecibles coma “Quando eu nascí”, “Depressa, devagar“, “Este libro está a chamar-te, nâo ouves”, “As duas estradas”.

IMG_0547

“Um livro para todos os días”, na liña doutros da mesma autora, xoga coa contraposición, así, nalgunha das súas páxinas lemos:

Hai días tan grandes que parecen un mes enteiro e días que pasan nun abrir e pechar de ollos. Días para esquecer e días para lembrar. Días simples e días que son unha confusión. Días silenciosos e días con vontade de falar, días cheos e días vacíos, días reais e días irreais, días nos que nos cruzamos os brazos e días nos que nos remangamos… Hai días e días, días que non son días, e mellores días virán.

O dito, un libro sobre os días, co que todas e todos nos sentiremos identificados e que reservamos para un día coma o de hoxe.

IMG_0552

IMG_0553

Certo que está publicado en portugués, a súa lectura non entraña ningunha dificultade nin para os galego falantes nin para os casteláns.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s