Medindo o tempo (V): creamos un reloxo de sol analemático

Como dicíamos na entrada anterior, o interese pola medida do tempo e a chegada do sol levounos á elaboración dun reloxo analemático, contando coa colaboración dun astrónomo do Observatorio Astronómico da USC, Pedro Pablo Campo, quen nos fixo as medicións, trazou o analema e explicoulle ao alumnado o funcionamento deste tipo de reloxos.

O lugar elixido foi unha lomba que hai no patio do centro xa que nos resultou moi difícil atopar un espazo no que non houbese a posibilidade de que o sol quedase oculto, ou no que a sombra do edificio nos imposibilitase o funcionamento do reloxo.

Puxémonos a traballar. En primeiro lugar, foi preciso establecer as coordenadas, determinando cun punto o Norte-Sur-Este-Oeste, a continuación trazou unha liña Norte-Sur, sobre a que marcaría as posicións do gnomon (persoa) segundo os distintos meses do ano.

A continuación, marcou as horas, estando as 12:00 h. no mesmo punto que o Norte.

Logo explicounos que debido a que a hora solar non se axusta coa hora oficial, deberiamos calcular sempre 2.30 h. máis no verán e 1.30 no inverno, o que anotamos para non esquecernos, así como outra información como o lugar polo que nace o sol (Este) e onde se oculta (Oeste). Todo iso tiña que quedar de forma moi visible e gráfica para o noso alumnado e para todos os que por alí pasen.

Cos nenos e nenas fomos facendo comprobaciones sobre o correcto e axustado “funcionamento” do reloxo, aínda que é a partir de agora cando lle sacaremos proveito e cando o utilizaremos sempre que a presenza do sol nos acompañe.

Para finalizar, escribimos o nome do reloxo, analemático, e a modo de esfera rodeamos todo con lemas que adoitan figurar inscriptos en latín nos reloxos de sol antigos; nós optamos por escribilos en lingua galega:

-““Soli Soli” Só con sol

-““Sine sole Sileo” Sin sol calo

– “Sum Si Sol Sit” Son se hai sol

“Horas sinaladas, horas soleadas”

Ver presentación.

Reloj de sol analemático

O reloxo  analemático no centro será unha curiosidade durante un tempo, pero temos a completa seguridade de que  o noso alumnado non esquecerá o funcionamento dos reloxos de sol, e que se fixarán neles sempre que atopen un.

Con todo, non descartamos a posibilidade de crear un como o da fotografía, haberá que buscar quen nos pode dar ese gusto…

Non poderiamos pechar esta experiencia sen agradecer de novo a acollida, atención e colaboración do director do Observatorio, José Ángel Docobo e do investigador Pedro Pablo Campo, que están a disposición dos centros educativos tanto para a realización de visitas didácticas como para a realización de programas como “Todo cosmos”. Grazas mil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s