A nosa achega á educación infantil

Un libro sobre o galego para o Día do Libro

In ActualizArte on 18/04/2010 at 19:05

O pasado sábado presentouse en Bertamiráns o último traballo do profesor Henrique Monteagudo, un ensaio que leva por título “As razóns do galego. Apelo á cidadanía”, publicado por Galaxia. Foi desas ocasións nas que lamentamos que as intervencións non foran transmitidas polos medios para que puideran chegar a un gran número de persoas. Tanto a intervención de Víctor F. Freixanes como a do propio Monteagudo foron memorables. Nuns días nos que se están a espallar os datos sobre a perda de galegofalantes, son de agradecer as visións optimistas; pero non dun optimismo inxenuo, senón daquel que nace da crenza no que se está a facer ben; daquel optimismo que busca os puntos fortes das malas novas, e sobre todo do optimismo que nace da razón e da procura do sentidiño común. Nunha tarde de choiva de palabras, a dicir deles, que son os dous moi poéticos, trataron de desvincular o conflito lingüístico de todas esas connotacións que tratan de colgarlle: a de minoritario, a de sectaria, a política, a de que ten que decidirse na educación … , tan só trataron de identificar a lingua como unha marca de calidade de Galicia e dos galegos, o que nos diferenza dos demais, pero que non nos vai supor ningunha eiva, todo o contrario, é un valor engadido que nos abre moitas portas cun mínimo esforzo.

Gústannos os discursos que buscan o achegamento nas diferenzas, gústanos que as diferenzas se debatan e se decidan tras unha boa argumentación e gústanos a xente que traballa por aquilo no que cree. Non podemos caer no papanatismo e repetir consignas que outros nos transmiten, moitas das veces cunhas intencións nada claras. Galicia está formada por unha sociedade plural e respectuosa, non hai porque contrapoñer unha lingua á outra, o que hai é que renovar os discursos en defensa da lingua, e Henrique Monteagudo apunta con seriedade e rigorosidade cales son as claves destes discursos. Como muradán que é, recordounos un dito mariñeiro que ven dicir algo así, como que cando se navega non só hai que atender o estado do mar –o inmediato, o presente- senón tamén que, non hai que perder de vista o ceo, as estrelas -o futuro-, para saber a onde vamos.

Un libro para agasallarnos no Día do Libro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: