A nosa achega á educación infantil

“Un mundo de familias”

In ContArte on 30/12/2016 at 14:10

un-mundo-de-familias

Hai unha expresión moi galega para cando queremos referirnos a unha grande variedade de cousas, dicimos “un mundo de…”, pois así debemos entender o título do libro que hoxe compartimos, xa que logo recolle vinte e catro tipos de familias e abre a porta a outras moitas que se nos poidan ocorrer tal e como lle sucedeu á súa autora que fala de historias que coñece ou que lle contaron.

Estas datas adoitan ser de encontro de grupos humanos, ás veces con nexos familiares e outras sen eles, pero que hai algo que tira por eles para xuntalos con motivo destas celebracións anuais, de modo que pode ser unha boa ocasión para ver de que tipo de “familia” formamos parte:

-seremos familias funambulistas que ás veces tambalean, pero volven a poñerse en marcha para atopar o equilibrio e evitar a caída;

-seremos familias nómadas para as que un infindo lazo de amor e afecto que se burla dos desprazamentos, dos medios de transporte e dos adeus;

familias alacena ás que lle apaixoa reunirse e pasar tempo xuntos sen buscar excusas para facelo;

familias mar de nubes onde un pode caer sen sufrir, porque regalan cariño, protección e o amor necesario;

familias orquestra que ás veces ensaian e desafinan, equivócanse, corrixen e volven a comezar;

familias faiado que cada vez que conquistan un retrinco do pasado doman un anaco do presente;

familias Babel que malia que dominan varios idiomas cren que a mellor palabra é a mellor dita: a que coida, calma, divirte ou aclara, a palabra que estamos esperando;

familias arco  da vella  nas que hai máis dunha cor en todo: na pel, nas paredes, na roupa…;

familias ás, que as colecciona porque cren que son a mellor menciña para a triste enfermidade de vivir separados;

familias bosque, ás que lle preocupa a cor do ceo, a intensidade da choiva ou a dirección do vento;

familias arca que pensan que familia son todos, tamén os primos e os amigos, e sobre todo eses outros seres que viven con eles;

familias retallos, desas que non se crean dunha soa vez senón despois de varios intentos, con xente  que decidiu darse unha segunda oportunidade para atopar a felicidade;

familias Amazonas, familias biblioteca, familias bolboreta, familias zen, familias foguete, familias estuche, familias macedonia, familias caravana, familias collage…, hai tantas familias coma seres humanos di a autora que tenta facer unha clasificación delas en función dos seus soños, así hai familias que soñan coa igualdade, outras con reunirse, con crear, con aprender, coa xenerosidade ou coa natureza.

No prólogo a propia autora di que se preguntou moitas veces sobre o que é unha familia e que chegou á seguinte conclusión:

“Algo así son para mí las familias: una especie de negocio que en realidad es muy simple. Se trata de compaginar el amor con la voluntad y el cariño con el esfuerzo. En base a esos ingredientes y gracias a la disposición de muchos, el mundo está lleno de grandes familias que día a día demuestran que vivir juntos hace que la vida sea mucho menos complicada y más bella. Al fin y al cabo, ese afán de hacerlo todo más sencillo y más agradable es uno de los motivos por los que se construyen estructuras familiares.”

81neyafsnbl

Á descrición de tantas familias, engaden un “Dicionario ilustrado de familias” onde din o que lle aportan a estes células sociais Aficciones, Besos, Comidas, Diversión, Espacios, Fotos, Gracias, Hilos, Infancia, Juegos, Kilos, Leyendas, Mimos… e así ata a Z dos zapatos que deixan xuntos moitas familias  para que os Reis Magos lles deixen agasallos, cando precisamente o agasallo máis grande é precisamente que uns cantos pares de zapatos descansen xuntos durante unha fría noite de xaneiro.

Unha delicia de libro para atopar e atoparse, para descubrir e descubrirse, para ler sos ou en familia ( sexa do tipo que sexa).

Un mundo de familias” de Marta Gómez Mata e Carla Nazaret publicado en Comanegra en 2015.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: