A nosa achega á educación infantil

Intervención artística final: water painting

In CativArte on 19/06/2013 at 06:38

246975_480278352052640_1562447551_n

Pechamos un ciclo co noso alumnado de 5 anos e as súas familias estaban moi interesadas en conservar algunhas das realizacións plásticas destes tres intensos anos. Temos por norma deixalas como fondos artísticos do centro, así que fixemos unha intervención para que eles tamén teñan un recordo.

Se ben o pasado ano cerráramos cun espectacular Tall painting, e o anterior cun Drip painting colectivo que logo partimos en anacos para que cadaquén tivera a súa parte, este curso tocoulle a outra técnica: Water painting ou Ebru inspirándonos nos traballos deste artista turco.

A nosa versión non é tan sofisticada nin meticulosa, o noso alumnado non podería facelo nin tería sentido; para nós o que importaba era que coñeceran outras maneiras de facer.

Con esmaltes de uñas, cubetas de auga e lenzos, velaquí os resultados. Ver presentación.

Ao igual ca sempre, tamén encerra unha metáfora educativa: non se pode manipular e conducilo todo, hai que esperar a que as cousas nos deixen ver a súa beleza de seu. A non intervención tamén dá moitas sorpresas, todas distintas, todas diferentes.

Coma os nosos nenos e nenas, cada obra é un monotipo, único e irrepetible. Esa é a mensaxe.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: