A nosa achega á educación infantil

Celebrando os aniversarios con arte

In CativArte on 11/01/2016 at 00:41

IMG_2830

Cada vez que comezamos cun novo grupo de alumnado, na reunión inicial coas familias, xa lles anticipamos que, na aula, celebraremos os aniversarios dun modo diferente ao habitual. A razón que lles expoñemos é que nin os mesmos nenos saben cantas veces os festexan –cando menos tres ou catro: coa familia (no día), cos e coas amigas (na fin de semana), no comedor escolar (a finais de mes), cos avós (no domingo)…-; así que na escola hai que tratar de fuxir de celebracións na mesma liña consumista, facendo nese día algo que os faga sentir especiais e que sexa para recordar. Ao tempo, hai que intentar que os aniversarios sumen as medras de todos e de todas.

Neste curso, adaptamos unha idea que vimos na rede en Jugaryjugar, de entre as moitas e moi interesantes que propoñían. Ao inicio, pedímoslle a cada neno e nena un lenzo de pequeno tamaño, pendurámolos na parede e sobre cada un deles puxemos unha nota na que hai a fotografía de cada neno e o texto: “Reservado para…, e a data o aniversario”. Cando chega o día, descolgamos o lenzo (que forma parte do conxunto de todos os do alumnado, profesorado e persoal que ten relación co grupo), e nese momento, o/a homenaxeado/a, píntao ao seu gusto. Dado que se trata de nenos de 3 anos, puxemos como condición que só empregarían dúas cores, as súas favoritas, e que empregarían os utensilios e técnicas que prefiran (chorreando, salpicando, cos dedos, rolos, brochas, esponxas, pinceis…).

O conxunto de lenzos acompáñase dun panel feito coas fotografías dos nenos e das nenas segundo os meses de nacemento e cun almanaque; así ninguén se despista e levan a conta do que falta para o seu aniversario.

O día que hai celebración, repetimos un ritual, no que se traslada o nome do neno ou nena para a columna que corresponde (3, 4, 5 ou 6 anos), e táchase na que estaba ata o momento; de seguido descólgase o lenzo, elixe cores e utensilios, e rodeado/a dos compañeiros, pinta o seu cadro; explícalle aos demais o que representa, e de novo, vólvese a colgar no seu sitio. A continuación, observamos como vai cambiando pouco a pouco esa obra colectiva que pecharemos a final de curso para expoñer a todo o centro.

Ceos, mares, campos de flores e noites estreladas, integrarán esa intervención artística, tan persoal ao tempo que tan de grupo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: