Monicreques na cociña

A primeiros do mes de outubro, dous nenos da clase asistiran á representación “Mi amor es un colador”, na Feira Galicreques de Compostela e trouxéranos un folleto. Nós, como todos os anos facemos algún monicreque, acordáramos inspirarnos nestes. Así, pouco a pouco e desde aquela, fomos facendo os personaxes da nosa “compañía”.

Coadores de café, de metal, chinos, para o té, escumadeiras, pás, espátulas ou reladores foron á base para as creacións de cada neno e nena. Bonecas noiva, mariñeiros, cans e outros personaxes orixinais, como o “rastas”, foron o resultado. Levounos o seu tempo, porque cadaquén decide todos os elementos que integran o monicreque que a mestra vai pegando coa pistola de silicona, traballando en pequeno grupo o día que podemos permitirnos desdobrar o grupo grazas a unha compañeira de apoio.

Ver presentación.

Títeres de colador

Noutra ocasión, no curso 2011/12, xa fixéramos monicreques con culleres e garfos de madeira ou monicreques de dedo dos que aquí deixamos a ligazón, así como as recomendacións bibliográficas que naquel momento seleccionáramos sobre o xogo dramático nas aulas de infantil.

titeres_pau

Ver presentación de diapositivas

Deixar un comentario