Seguimos a lles axudar a reconstruír a súa historia cara atrás, recollendo eses momentos que non quedan reflectidos nin nas fotografías nin nos vídeos pero que falan deles. Si ben fai unhas semanas souberon cal foi a súa primeira palabra, agora, trala lectura de “Mi primer beso” de Guido van Genechten, tentamos indagar quen lles deu o seu primeiro bico e a que hora naceron. Coma sempre a colaboración das familias nos nosos xogos é inestimable.
A recollida de información mesmo nos proporcionou ocasión de facer estatísticas sobre as horas de nacemento e de si foran o pais ou as nais quen deran os primeiros bicos.