A nosa achega á educación infantil

Composición sonora

In MusicArte on 18/06/2010 at 18:56

Coñecemos en Reggio Emilia un proxecto titulado “Paisaxes sonoros” que nos pareceu moi interesante e con moitas posibilidades.

A dotación de material das aulas reggianas é ben distinta das nosas; xa comentamos nalgunha ocasión que alí é difícil atopar material comercial, dese material do que nunca vemos cheas as nosas aulas. Non hai pezas plásticas de vivas cores a proba de dentadas, non hai bonecas educativas, nin xogos didácticos de última xeración; non, alí hai pedras, ramas de árbores, cunhas, botellas, parafusos, arandelas, botóns, pezas metálicas…, todo da vida real, non especialmente deseñado para nenos con todos os criterios internacionais de seguridade. Eses obxectos de distintas texturas, materiais, tamaños, pesos, usos, etc, permiten, ao manipulalos, descubrir un mundo de sensacións e poñen a proba a creatividade, enxeño e intelixencia dos nenos e das nenas.

Todos eles producen sons, de distinta intensidade, ton e altura. Con eles experimentan e gozan as criaturas ao longo do día. Noutra ocasión xa nos estenderemos con máis detalle. Hoxe, tan só queremos amosar unha versión das composicións sonoras, realizado nas nosas aulas e que a mais do pracer da descuberta libre, nos permite traballar conceptos numéricos, tamaños, secuencias espaciais, orde e tempo. Á vista da fotografía, pouco máis que engadir a non ser que cadaquén organizouna segundo os seus gustos. Tantas “partituras” como momentos de realización.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: