A nosa achega á educación infantil

Peche por vacacións

In EmocionArte on 30/06/2014 at 07:18

Pájaros Horneros

Cando vimos esta imaxe publicada por Jardines de México, pensamos que- coas diferenzas obvias, nos representaba á perfección a nós as dúas construíndo InnovArte. Partindo da nada, tan só cos nosos coñecementos e cos recursos da contorna fomos facendo un niño á nosa medida. InnovArte é o noso niño, no que estamos cómodas e a gusto. Pero seica di a tradición popular, que si estes paxaros, Horneros, traballan en domingo, se entende coma un augurio dun inverno chuvioso, emporiso agora é a quenda de descansar.

Chegado este momento, en cada un dos cinco remates de curso de InnovArte, pensamos en deixalo, é tal o noso esgotamento que temos a sensación de que non seremos quen de botalo a andar un curso máis nin de contar nada novo que xa non teñamos dito. Logo, chega setembro e queremos retomala conversa que mantemos coas persoas que nos seguen. Pero o ano escolar é moi longo e custa moito manter un nivel como o acadado por este blog. É para nós unha responsabilidade e unha “obriga”, ser unha achega á educación infantil de calidade, de modo que repensamos moito cada unha das entradas que publicamos. Se arestora botamos unha mirada atrás non cambiaríamos nin unha soa palabra das aquí ditas, e isto, nos tempos que corren, non é pouca cousa.

Xa se verá. Precisamos un descanso reparador.

Polo de agora, quen visite InnovArte atopará preto dun milleiro de conversas mantidas ao longo de cinco cursos nas que relatamos experiencias de aula, lecturas recomendadas para o alumnado de infantil e outras para o profesorado ou familias, reflexións sobre tradicións, preocupacións, episodios ou incidentes escolares; vivencias profesionais; desexos de mellora; e sobre todo a nosa visión sobre a infancia e a escola infantil hoxe.

Dicimos en todas partes que InnovArte é un fío invisible que une persoas que comparten un sentimento, unhas crenzas e unhas expectativas sobre a educación da primeira infancia, creando un sentido de pertenza a unha comunidade virtual que supera fronteiras xeográficas, facilitado polo feito de compartir un idioma común, o galego ou o español, e que lograr a fidelización  dun público tan numeroso e tan diverso ao longo de tan prolongado período é algo que só se consigue desde a honestidade profesional coa dedicación de moito tempo e esforzo

Calquera persoa con mínimos coñecementos sobre a web 2.0 e sobre a blogosfera educativa sabe do dificultoso que é facer un oco e lograr ter voz neste inmenso espazo dixital. Para nós, a honestidade profesional é o que subxace á grande acollida do blog. Nunha sociedade na que calquera persoa pode facer da rede o seu speaker´s corner particular e na que hai tantos predicadores educativos, ás persoas que sabemos do día a día das aulas e dos nenos/as, só escoitamos a quen nos transmite mensaxes esperanzadas e axustadas á realidade, xa que logo, como todos sabemos, a charlatanería é algo que ten data de caducidade.

Nós, en InnovArte, non pretendemos nin impresionar, nin enganar, nin falsear, nin vender nada, nin outra cousa que non sexa aportar a nosa mirada sobre a educación infantil, e mentres nos digan que lle somos de utilidade a alguén, seguiremos intentándoo.

Boas vacacións a todas e a todos os que nos seguides e ata máis ver.

Alfonso Albacete

Advertisements
  1. Que disfrutedes do merecido descanso. Felices vacacións. Biquiños
    Aurora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: