A nosa achega á educación infantil

A visita de Rosalía Morlán

In ContArte,EmocionArte on 31/05/2012 at 08:08

Convidamos á poetisa Rosalía Morlán a vir á escola para falar cos admiradores dos seus poemas, os nenos e nenas. Aceptou de inmediato e nada máis dicírllelo ao noso alumnado, puxémonos a matinar sobre o que lle agasallaríamos como agradecemento pola súa atención. Coma sempre son do máis tallantes nas súas decisións, un poema é a súa suxestión. Eles non pensan no difícil que é facer un poema para unha persoa que os escribe a cotío.
Tras moitas voltas, acordamos facer un poema acróstico co nome a apelidos da autora. Pensando en como presentalo, primeiro falámoslle das letras capitulares, xa que cada un deles tería que iniciar un verso cunha letra das que forman parte do nome de Rosalía.
Resolta a cuestión do agasallo, poñémonos a preparar algunhas das preguntas que lle farán durante a visita, así como un cartel de benvida, cheo de estrelas de azucre e máis co poema acróstico.
Cando chega a poetisa -supervisora de enfermería no Hospital de Conxo-, xa os vai coñecer ao patio, alí é recibida como unha estrela famosa coñecida de sempre. Vén acompañada polo seu marido e polo vicepresidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Luís Reimóndez. Os tres quedan gratamente sorprendidos da vida desta escola dedicada polo arquitecto Pedro de Llano á memoria de Don Gregorio, o inesquecible mestre de “A lingua das bolboretas”.
Xa na aula, explícanlle o cartel, e escoitan con atención as preguntas que lles fai Rosalía. Finalmente dilles que lles trouxo dous agasallos:
-O primeiro, un poema especialmente escrito para eles, pero escúsase, inacabado; deben buscarlle un título e rematalo. Xa o fan de inmediato.
-O segundo, como gustaran tanto do poema “Rebumbio no galiñeiro”, tráelles como recordo unha das galiñas, advertíndoos de que é máxica, polo que cada noite cambiará de sitio, e que poñan moito coidado en pechar portas e xanelas pois pode escapar.
-Un terceiro para a mestra, un marca páxinas feito por ela, con follas de árbores autóctonas e co poema manuscrito “Unha aldea especial”.
-Un cuarto para o centro, un exemplar de “Estrelas de azucre” dedicado.
Os nenos e nenas tamén lle teñen fan entrega de dous agasallos:
-O kartonlibro co poema acróstico. Ver presentación.

Rosalía Morlán

-Unha interpretación con música de cunca-culler.
Rosalía Morlán é unha desas persoas que as súas obras son un fiel reflexo da súa personalidade. Ao igual que os seus poemas, é unha muller afable, divertida, agarimosa, doce, intelixente, sinxela e con moi boa química cos nenos/as.
Vaia desde aquí o noso agradecemento, primeiro a quen nola deu a coñecer (a nai da alumna que nos agasallou cos seus libros), a propia poetisa por ser tan accesible e achegada, e aos seus acompañantes por facer desta mañá unha velada inesquecible.

Ver presentación.

Visita Rosalía Morlán
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: