
Quen non sentiu algunha vez esas dores indefinidas que se estenden por todo o corpo e que só se curan con un día de cama sen ir á escola?
Esta é unha parte do poema Canta dor! , recollido no libro “Versos en flor”, de Carlos Fontes, fermosamente ilustrado por Leandro Lamas, publicado na colección Tartaruga de Galaxia, que dramatizamos, recitando e sinalando todas as partes do corpo mencionadas.
Si ben o autor xa nos sorprendera con “Poemas con piruleta”, agora botamos unha risa con cada un dos “Versos en flor”, e ocórrensenos unha morea de actividades arredor de: E por que?, Sentidos, Auga máxica, O abrazo de papá, Ven á terra, ou Oficio e beneficio.
En breve, mostraremos o que fixemos con Son alfabeto.