Obradoiro de modelado

???????????????????????????????

Unha das actividades máis satisfactorias para o alumnado de infantil é o modelado, da que abonda falar dos seus beneficios -canto ao fomento da creatividade, da destreza manual ou da adquisición do concepto de volume-, e malia todo, practícase pouco. A falta de espazos axeitados ou contar con grupos tan numerosos son algúns dos motivos desta carencia. Nós, este curso, dado que temos nenos/as de cinco anos, de que dispoñemos dun pequeno recuncho no centro, e tamén porque contamos cunha compañeira de apoio coa que facemos desdobre do grupo -para así traballar 12-13 nenos/as en dúas sesións semanais en dous días seguidos-, decidimos dedicarlle un pouco máis de atención.

Comezamos xa no mes de setembro, daquela, nun primeiro intento modelamos con pasta branca empregando a técnica de ir facendo oco desde dentro. Nesta ocasión, aproveitando as cunchas que aínda nos traían da praia, quixemos facer un recordo do verán. Tralo  tempo de secado -ata que colle dureza suficiente e perde a humidade- démoslle unha capa de verniz para que así o poidan empregar para gardar os seus “tesouros”.

???????????????????????????????

Ver presentación: Pasta branca recordo do verán

Modelado souvenir verán_14

Tralo éxito desta primeira peza, e coa mala conciencia de non deixar total liberdade creativa, volvemos a modelar pasta branca, pero nesta ocasión con tema libre. Pera a nosa sorpresa, e despois dalgunhas frustradas tentativas iniciais, os nenos/as pedían a nosa axuda ou copiaban o feito polos compañeiros. Posiblemente, nun primeiro momento hai que dar pautas para coñecer as técnicas e logo deixar a creatividade. En calquera caso, todos e todas quedaron bastante contentos das súas obras, que gañaron moita presenza co soporte e cun toque de cor.

???????????????????????????????

Ver presentación: Pasta branca tema libre

Modelado tema libre

Na terceira ocasión empregamos arxila, así puideron apreciar as diferenzas de cor, de textura e de maior rapidez de secado. Desta vez fixemos impresións de follas de árbores, escribindo o seu nome cun pauciño. Deixamos secar, e ao longo dos días vían como –por efecto do secado da arxila e da mesma folla- se ía desprendendo. Antes de sacala demos unha capa de cor.

???????????????????????????????

Ver presentación: Arxila

Modelado arxila

No cuarto obradoiro, modelamos con pasta de papel –máis húmida, máis quente e máis lixeira-. Para apurar o secado e evitar roturas, fixemos pequenas figuriñas ao estilo das de San Andrés de Teixido, a medio camiño entre animais fantásticos e elementos reais. Dado o seu reducido tamaño, e de cara á súa exposición, montámolas sobre taboleiros coma escenas en volume.

???????????????????????????????

Ver presentación: Pasta de papel

Pasta papel

Para a quinta sesión elaboramos pasta de sal, e ante o temor de que non secara ou que se fragmentara con facilidade, decidimos facer uns medallóns nos que incrustamos grans de millo, garavanzos, arroz, fabas, lentellas ou sésamo. Presentámolo tamén sobre chapa a modo de collage.

Ver presentación: Pasta de sal

Pasta sal

Na clase de 4 anos tamén fixemos algún traballo como este “Souvenir do verán“, con pasta de papel de elementos da praia.

image20

Agora temos montada unha exposición coas obras a fin de que poida ser vista polos compañeiros e compañeiras, así como polas familias.

IMG_9200

Poida que ata que volva a calor non fagamos máis modelado, pois a falta dun forno ou dunha zona de secado dificultaría moito, pero deixamos pendente a experimentación con outras pastas como por exemplo a de area.

Volveremos porque o pracer de facer algo coas mans, algo ao que eles lle dan forma entre o tacto e os ollos, con principio e fin,  e que perdure, non é  algo para esquecer.

Mentres tanto, aproveitaremos para darlle a coñecer algunhas mostras da olería de Galicia e doutros lugares do mundo, coñecidas pola súa beleza, utilidade ou historia.

1 Comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s