Descubrimos as ilustracións de Claudia Legnazzi e quedamos engaioladas co proceso de creación do libro “Una casa bien abierta”, emporiso aquí o deixamos para que serva de inspiración neste tempo de paseos pola beira do mar.
Claudia Legnazzi é arxentina, ilustra libros para nenos e mozos desde fai vinte anos. Ten recibido moitos premios, entre outros o Runner-up no Noma Concurso de Ilustración en Xapón. No 2002 obtivo o Primer Lugar no Catálogo de Ilustradores de CONACULTA, e tamén o Gran Premio do Xurado no Noma Concurso de Ilustración da Unesco Asia. Moitos dos seus traballos expóñense no Chihiro Art Museum de Tokio, especializado en ilustración infantil de todo o mundo.