A nosa achega á educación infantil

Canción das tres cucharas

In MusicArte on 07/05/2012 at 06:38

Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.

Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.

Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

Pimentel, Luís (1989) Poesía galega (Vigo: Edicións Xerais)

“Canción das tres cucharas” de Luís Pimentel, é a primeira poesía que incluímos no Kartonlibro “Poemas Galegos”.
Descubrímola grazas á escolma que fixo Antonio García Teijeiro para a editorial Anaya en “Os nosos versos” no que recompila obras achegadas aos gustos dos nenos dunha ducia de autores galegos.
Pareceunos de tal potencialidade musical que lle pedimos a cada neno que trouxera unha cunca e unha culler, e así pasamos bos anacos descubrindo os distintos sons que podíamos producir co mesmos instrumentos; as variacións de ton e de altura segundo o material do que estiveran feitos.
Máis tarde coñecemos unha interpretación de Abe Rábade do poema, que forma parte do CD “Aloumiños de seda” editado pola Dirección Xeral de Política Lingüística no 2008, e que puidemos escoitar tanto no web do artista como en Son de Poetas.

Advertisements
  1. Boas tardes,
    Xa sei que non vos gusta isto dos blogs de andar a dar premios pero ao blog da nosa biblioteca chegounos un premio especial que temos que compartir con outros cinco blogs e o voso é, sen lugar a dúbidas, un dos meus preferidos. Sígovos sempre, tamén no facebook. Gústame o que facedes e como o facedes. Pois iso se vos apetece pasádevos polo noso blog e o recolledes. Un saúdo.
    http://pingaapinga.blogspot.com.es/2012/05/o-blog-da-biblioteca-recibe-un-premio.html

    • Benprezada Bea, non é que non nos guste isto dos premios, pero sempre dicimos que o que máis apreciamos son os recoñecementos das propias compañeiras.
      O mellor da rede, é que sentes cercanas e tes confianza con persoas ás que non ves a cotío, pero sabes que están aí cada vez que publicas unha experiencia ou unha reflexión no blog.
      Parabéns a ti/vós por todo o que facedes na biblioteca. Tédesnos orbitando na Estación espacial San Roque. E quedamos engaioladas coa vosa montaxe dos paraugas.
      Grazas, grazas polo voso recoñecemento. Unha aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: