A nosa achega á educación infantil

Vilas do libro

In ContArte on 27/04/2011 at 00:00

Con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado sábado líamos artigos en distintos xornais, revistas e na rede, case todos eles cun denominador común: vaticinaban a desaparición do libro en soporte papel nun prazo de quince anos.

Vamos a facer entón unha proposta contracorrente, romántica, sen visión de futuro e non rendible económicamente. Hai tantas desas que unha máis…

Hai moitos anos visitamos a pequena vila galesa Hay-on-Wye, coñecida como a vila dos libros, na que trinta librerías ocupan as antigas casas, cuadras, torres, castelos e murallas. Logo soubemos doutras como Montereggio en Italia, Saint-Pierre-de-Clages en Suiza, Sedberg en Inglaterra, Montolieu en Francia ou Urueña en España. Pódense coñecer todas elas na súa páxina oficial Booktown.net, ou a través dos distintos post que lle dedican no blog Papel en Blanco.

Sería moi desatinado pensar en facer algo así en Galicia? Vilas fermosas precisadas dunha revitalización temos dabondo. Fanse vilas de turismo rural, vilas termais, vilas outlet, vilas… Imaxinade calquera das nosas pequenas vilas -tanto nos dá de interior coma de costa- con librerías especializadas para todos os públicos, podería haber espazos destinados á ilustración, ao teatro, á poesía, á gastronomía literaria, tabernas con tapas e viños literarios, e ducias de propostas máis. Algo vivo, por suposto. Un novo tipo de turismo cultural. Cal sería o problema?, non teremos libros dabondo?, non haberá público? Algún dos grandes empresarios visionarios galegos estaría disposto a respaldar o proxecto?

Se fose preciso, ata aceptaríamos que quedara de paso dalgunha das mega-áreas comerciais galegas. Maloserá que aburridos e aburridas das caravanas, dos atascos de tráfico e das “superofertas do día”  non recalen na vila.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: