A nosa achega á educación infantil

Libros de expurgo

In ContArte on 27/04/2011 at 00:01

Sei de poucos equipos de biblioteca que non se atoparan cun problema no centro chegado o momento de realizar un expurgo para organizar a biblioteca escolar.

Sendo unha tarefa necesaria nas bibliotecas, o expurgo, ás veces, é mal acollido na comunidade xa que logo implica desfacerse de algo, destruílo, eliminalo. Adoita haber bastantes discrepancias canto aos exemplares que se deciden retirar.

Os motivos polos que se debe facer son illar o material desfasado, ampliar o espazo dispoñible, restaurar fondos deteriorados ou organizar a colección. Os criterios obxectivos a ter en conta son a antigüidade/obsolescencia, o seu uso, a duplicidade de documentos ou a redundancia da información. Os criterios subxectivos serían a actualidade da información, a adecuación da obra ás necesidades da comunidade e a calidade da información. Malia que o criterio do profesorado que vai realizar o expurgo é determinante, deberíase contar coa opinión de especialistas, xa que aínda sendo unha práctica saudable, débese realizar con coidado e acerto.

Pero, unha vez feito o expurgo, que facer cos libros retirados?, este é outro grande problema, polo que nun  chiscadelo  á celebración do Día do Libro queremos facer unhas suxestións, para dar unha nova vida aos libros vellos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: