A nosa achega á educación infantil

O recendo dos libros

In ContArte on 25/04/2011 at 21:03

Hai certas sensacións que as persoas lectoras vencellan para sempre co feito de ler, tales como o recendo dos libros. Os libros olen dun xeito inconfundible, aínda que non todos igual, non é o mesmo o olor a tinta dun libro novo que o olor avainillado dun libro vello. O cheiro dunha biblioteca ou dunha librería é especial e diferente do de calquera outro establecemento. O recendo dos libros é tan importante que xa comercializan perfumes para complementar a lectura nos dispositivos electrónicos e dese xeito suplir esa eiva que detectaban tantos usuarios.

Como fomos ensinándolle ao noso alumnado que no deleite coa lectura inflúen outros aspectos tales como os lugares onde se le, a postura na que se le, a forma, a compañía…, quixemos facerlles caer na conta do recendo único dos libros. Visitar a biblioteca, suxestionalos para que o olfato case anule aos outros sentidos, facéndolles crer que só son narices, axudará a apreciar intensamente a experiencia activando o recordo. De seguro que cando volvan a abrir un libro prestaranlle atención a os estímulos olfativos que reciben.

Pero os libros tamén nos producen olores simbólicos, mesmo sabores; que persoa adulta non se obsesionou cos olores de “El perfume”?, quen non saboreou os platillos de “Como agua para chocolate”? Temos que ensinar aos nenos e nenas a ver, ulir, gustar e tocar todo o que se nos conta nos libros. Non é máis ca un xogo. Nalgúns casos moi doado e coincidente, “A casiña de chocolate”, “Sopa de calabaza” ou “Carapuchiña vermella”, chéiralles igual a todos; noutros hai que forzalo un pouco, pero paga a pena, a experiencia será moito máis intensa e rica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: