A nosa achega á educación infantil

TV e infancia, unha relación complexa

In InformArte on 05/02/2010 at 19:39

Esta é unha preocupación que nos asalta cada día nas aulas cando observamos ou escoitamos ao noso alumnado reproducindo comportamentos e imitando aos protagonistas das súas series favoritas, preocupación compartida con moitas familias. Facilitamos información para quen queira elaborar orientacións para as familias.

Segundo o último estudo do Defensor del Menor de la Comunidad de Madrid, “Menores y televisión”, publicado en xaneiro de 2010, nove de cada dez menores ven a televisión todos os días ao menos dúas horas e non acompañados. 

No ano 2002, varias cadeas de televisión subscribiron o “Código de autorregulación sobre contenidos televisivos e infancia”; unha guía cuns principios inspiradores, como código deontolóxico, para os principais programadores televisivos. Nel establécese que se deben garantir os dereitos fundamentais dos menores que participen na programación televisiva; fomentar o control parental; evitar a incitación á imitación de comportamentos prexudiciais; evitar as escenas e mensaxes de explícito contido violento ou sexual. Contémplase tamén a regulación da presenza de menores na programación televisiva. Establece as franxas de protección reforzada e a clasificación, sinalización e emisión de programas televisivos. Periodicamente, unha comisión establecida ao efecto, fai unha revisión do cumprimento do estipulado. Á vista da maior parte das denuncias formuladas contra as cadeas televisivas pola emisión de contidos non autorizados por este código, detéctase que non é dentro da franxa horaria dedicada ao público infantil.

 No Informe do Defensor do Menor da Comunidade de Madrid, presentado en xuño de 2009, analizaron 87 espazos televisivos protagonizados por menores e que teñen como público obxectivo aos menores. Nel estudáronse os modelos que se lle propoñen aos menores e os estereotipos de infancia e adolescencia que proxectan os medios. O informe foi demoledor para as cadeas televisivas. Veu a completar o estudo realizado no 2008, “¿Qué menores ven los menores en televisión?.

No ano 2005, o Instituto Oficial de Radio y Televisión e a Dirección General de La Familia y la Infancia, publicou o estudo “Programación infantil de televisión: orientaciones y contenidos prioritarios”, no que se analizaba o marco da TV infantil en España, a relación dos nenos e a TV e o papel da escola e das familias. Relacionábase, así mesmo, os contidos de risco e a guía de contidos prioritarios. Aquí podemos atopar recomendacións interesantes para nós e para as familias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: