A nosa achega á educación infantil

Viaxe de estudos a Reggio Emilia 2015

In InformArte on 03/10/2014 at 06:48

Onte compartimos a través da rede a convocatoria da viaxe de estudos ás escolas de Reggio Emilia para os días 30, 31 de marzo e 1 de abril do ano 2015, unha oferta de Diip (deseño, infancia, innovación e proxectos), rematando o prazo de inscrición o 25 de febreiro. Inclúe:

  • Visita á cidade de Reggio Emilia.
  • Encontros coa comunidade cidadá.
  • Presentacións por parte de pedagogos, atelieristas, mestres e familias.
  • Presentación e análise de proxectos de investigación desenvolvidos nas escolas da municipalidade de Reggio Emilia (0-3 e 3-6).
  • Visitas a escolas 3-6 e unha escola primaria.
  • Visita ao centro Internacional Loris Malaguzzi.
  • Visita ao Centro de Reciclaxe Creativa, REMIDA.
  • Visita ao atelier Raggio di Luce.
  • Visitas ás exposicións.
  • Visita ao Centro de Documentación e Investigación Educativa.
  • Transporte en autobús aos centros.
  • Intérpretes en lingua castelá.
  • Pausa Caffé.
  • Petisco de despedida.

Desprazamentos e hospedaxe non incluída.

Para matrícula e desprazamentos pódese solicitar axuda a través da convocatoria anual reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario. Deixamos como mostra a ligazón ao procedemento para o ano 2014, xa que logo a do 2015 aínda non foi publicada.

Nós visitamos estas escolas no ano 2010, así vimos cumprido un dos nosos desexos profesionais acariñados desde o mesmo momento en que soubemos da existencia desta iniciativa. Desta visita demos boa conta en InnovArte a través de catorce entradas que se poden atopar baixo a etiqueta “Reggio Emilia”, nas que relatamos:

Escolas de Reggio Emilia

Reggio 1ª: A maleta de Reggio Emilia

Reggio 2ª: contextualización

Reggio 3ª: liñas de forza

Reggio 4ª: proxección ao exterior

Reggio 5ª: escoitar e conversar cos nenos e nenas

Reggio 6ª: o traballo por proxectos

Reggio 7º: nenos e nenas con dereitos especiais

Reggio 8ª: un raggio di luce

Reggio 9ª: o plurilingüísmo

Reggio 10ª: a participación social e cidadá

Reggio 11ª: a participación privada

Reggio 12ª: a documentación dos procesos educativos

Reggio 13ª: experiencias de traballo

A experiencia paga moito a pena.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: