A nosa achega á educación infantil

Mestras maiores con nenos/as pequenos/as

In ReflexionArte on 07/10/2014 at 06:54

Desde que lemos o artigo, “Maestras mayores con niños pequeños”, publicado na revista Aula de infantil nº 66, sobre o que agora abriron un foro no web da editorial, andamos a matinar arredor do tema: que é máis adecuado para os nenos pequenos, unha mestra nova ou unha mestra maior?
Poida que esta pregunta non debera formularse, pero faise, o mesmo que se fai sobre a idoneidade da idade dos pais, malia que cadaquén ten os que lle tocan. Aínda así, aos pais maiores e as mestras maiores adoita pasárselle esta pregunta pola cabeza. Aos novos non tanto.
Pouco temos que engadir ao exposto pola autora Clara Guindulain, e que comeza así:

Cuando me planteo esta cuestión, y pienso en las diferencias entre maestros mayores y jóvenes, lo primero que me viene a la mente es preguntarme qué necesita un niño de educación infantil de su maestra: afecto, seguridad, tranquilidad, firmeza, límites, atención, orden, conocimiento, sensibilidad, alegría, ilusión por la vida… Todo esto puede ofrecerlo una maestra mayor, y también una maestra joven, es más una cuestión de talante que de edad.
Nosotras, las maestras mayores, además de ser maestras, somos personas, de la misma manera que lo son las maestras jóvenes. Pero quizá sí que hay algunas vivencias que experimentamos de manera diferente, precisamente por ser más mayores, y porque los años vividos muy probablemente han hecho cambiar nuestra mirada.
Agora ben, en máis dunha ocasión temos falado disto neste blog, así como dos motivos que conducen ás mestras de infantil experimentadas a pasarse para primaria.

Certamente, hai un momento no que todas pensamos que xa non temos os mesmos folgos ca cando eramos novas, e que puidera ser que isto privara aos cativos de actividades que pouco a pouco vamos adiando cada vez máis. En ocasións, tamén somos conscientes da grande diferenza que hai entre nós e os pais/nais do noso alumnado, o que nos fai notar os cambios xeracionais.
Poida que nesta reflexión haxa que diferenciar varios planos: o de como se sente unha mestra maior con nenos pequenos; o de como se senten os nenos pequenos (e familias) cunha mestra maior; e o das diferenzas de opinión/percepción entre as mestras máis noveles e as máis veteranas (isto dáse tanto en infantil coma en calquera outro nivel de ensino).
Nos dous primeiros supostos coincidimos plenamente co exposto no artigo, é máis unha cuestión de talante ca de idade. Canto ás diferenzas de opinión, sen querer atribuírllas á idade –pois danse ata nos grupos máis homoxéneos-, pensamos que tanto a experiencia ou a falta de veteranía poden ser unha fonte de enriquecemento recíproca, sempre e cando non nos deixemos levar por prexuízos: nin todas as mestras maiores, por ser maiores, están queimadas, nin todas as mestras novas, por ser novas, están cheas de ideas frescas e innovadoras. Hai de todo, emporiso, innovación, desgaste, rutina, deixadez, canseira ou forza non son palabras que vaian irremediablemente unidas a mestras novas ou experimentadas. A que si debería estar sempre presente é respecto. Respectando e escoitando darémonos conta do que nos aporta a frescura ou inxenuidade profesional das novas, e a experiencia e bagaxe das maiores.

Diferenzas tan sutís son para pensar pero nunca para pesar nunha balanza, pois non ten precisión dabondo para medilas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: