Mimadriña.com. Cousas pequenas de xente pequena en vilas pequenas (I)

Desde hai un tempo sabemos dunha moza na Costa da Morte que fai barquiñas de papel. Non recordamos se chegou ela a nós ou nós a ela, pero de cando en vez víamos algunhas das súas realizacións a través de Facebook.
Días atrás, paseando por Compostela, descubrimos unha tenda nova de conservas, Catrineta, no espazo que antes ocupaba un ultramarinos emblemático na cidade vella. Xa no escaparate e na decoración identificamos a man de Mimadriña. Así nolo confirmou a responsable do establecemento, pero engadiu que Palmira, máis ca decoracións facía propostas creativas de acción social e cultural. Díxonos que con xente coma ela o mundo iría ben.
Iso espertou a nosa curiosidade, así que de volta na casa entramos no web de Mimadriña. Alí descubrimos o que fai esta moza de Sardiñeiro. Ela confesa: “cando me preguntan que fago en mimadriña gústame dicir que barquiñas de papel, pero recoñezo que digo iso para provocar.”


Botándolle unha ollada ao Manifesto, unha xa se dá unha idea do que hai vén detrás e da filosofía que impregna os seus proxectos educativos, contacontos e obradoiros creativos, faladoiros e formación, obra plástica ou creación de espazos que ofrece mimadriña. Pero non é só iso, mimadriña é un faro novo na Costa da Morte que proxecta ao mundo a historia dos lugares, das xentes, da historia e dos feitos de Sardiñeiro.

Para nós, un bo exemplo do que é a glocalización, e unha boa mostra desas cousas pequenas de xente pequena en vilas pequenas que poden axudar a mellorar un chisco o seu mundo.

1 Comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s