A nosa achega á educación infantil

Brinca Vai!

In MusicArte on 31/05/2014 at 13:46

Coñecemos a Paco Nogueiras Nodar o pasado curso cando unha compañeira o convidou a vir ao noso centro para cantar e explicarlle aos pequenos como nacían aquelas cancións agasallo para os seus fillos que el compoñía, musicaba, cantaba, gravaba e subía a Youtube converténdose nunhas desas sorpresas das redes sociais polo número de visitas e descargas.
Agora, un ano despois e como era lóxico, unha editora emblemática como é Kalandraka fixouse nel e publica un libro disco na que recolle todas esas cancións e outras máis compostas para “Brinca vai!”, todas elas con ese toque fresco de fervello independente que é Paco Noqueiras.
Hoxe asistimos á presentación de “Brinca vai!” nun acto organizado na Galería Sargadelos como peche da Campaña de Animación á Lectura do concello de Compostela.Cunha coidada presentación recóllense 12 cancións nun libro disco ilustrado por David Pintor e os vídeos a cargo de Sr. Saguillo, que se acompaña das personalísimos lentes e chapeu do autor para encher un “mundo de Pacos”.
Toda a cativada alí presente, cantou bailou, aturuxou con “Meu o mundo é” -xa case convertido nun “himno” escolar homenaxe á nosa lingua-, repetindo a fartar o retrouso

En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer…”
MEU O MUNDO É!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: