Este outono as follas das árbores caducas tardaron máis en tornar a súa cor seica que pola falta de frío. Agora están nun momento no que cada unha delas parece unha obra pictórica, polo que quixemos que o noso alumnado apreciase ese efémero esplendor da natureza e agasallase á súa nai cun fermoso ramo de follas; elementos insignificantes que nesta experiencia acadan outra consideración co valor engadido de ser portadores de sentimentos e de afectos
Coma sempre, tentamos realizar actividades que conxuguen aspectos emocionais, con competencias (sociais, artísticas, de coñecemento do medio físico, matemáticas, lingüísticas, etc) e co consumo responsable, poñendo en valor as pequenas cousas que non custan nada. Así puidemos coñecer as variedades de follas de especies como son: eucalipto, carballo, roble americano, pino, platanero, gingo biloba, liquidambar, pruno, caqui, xestas, cerdeira, castiñeiro, codeso, arce, betuleiro, magnolio, hedra, parra virxe, mimosa, millo, fento, freixo, algarroba, herba da pampa, chopo, figueira, ameneiro, e outras moitas que nos trouxeron.
Con elas compuxemos monllos a modo de ramos e engadímoslle unha tarxeta cunha dedicatoria en forma de pareado. Cos de 3 anos tivemos que transcribilas nós e eles memorízanas, os de 4 e 5 xa axudan máis na composición e na escrita. Velaquí exemplos, nos que nalgúns casos nos permitimos algunha que outra licenza literaria.
“Con hojas de eucalipto / y un beso tu corazón derrito.”“Do carballo as follas / co meu amor recollas.”
“Con follas de roble americano / un bico che gano.”
“Cun ramo de faíscas / de xunta min non liscas.”
“Con follas de platanero / dígoche canto te quero.”
“El gingo biloba / el corazón te roba.”
“Cun ramo de liquidambar / o meu cariño che quero dar.”
“Con follas de pruno /que saibas que coma min ninguno.”
“Con follas de caqui / o meu amor aquí.”
“Con ramas de xesta / o meu amor non resta.”
“Con ramas de xesta / un bico no medio da testa.”
“Con hojas de cerezo / mi cariño y aprecio.”
“Con follas de cerdeira /por ser a primeira.”
“Con hojas de castaño / decirte que te extraño.”
“Con follas de castiñeiro / para o meu amor primeiro.”
“O meu amor con ramas de codeso / e un grandísimo beso.”
“Un bico con follas de arce / porque nunca chegas tarde.”
“Con bicos e follas de mimosa /póñoche a cara coma unha rosa.”
“Do magnolio as follas / co meu amor recollas.”
“Con follas de hedra / un bico te espera.”
“Da parra virxe as follas / co meu amor recollas.”
“Coas follas de millo / un bico pillo.”
“Un ramo de follas de fento / con todo o meu sentimento.”
“Con follas de freixo / un bico coma un queixo.”
“Con hojas de algarrobo / un beso te robo.” “Coa herba da Pampa / sen esbirrar ninguén se aguanta.” “Un bico primeiro / e logo follas de betuleiro.”
“Coas follas de figueira / unha aperta grande coma unha eira.” “Con hojas de ricino / a darte un beso yo me animo.” “Del ebónimo las ramas / con un beso ganas.” “Con follas de rododendro / o meu corazón che vendo.” “Te doy un ramo de aligustre / esperando que te guste.”
![]() |
Ramos de sentimentos |