A nosa achega á educación infantil

Tres consignas para a educación

In InformArte on 23/09/2013 at 06:31

Este verán vimos un programa televisivo deses nos que algúns paisanos nosos nos amosan os lugares do mundo a onde foron parar –nos que lles vai ben, viven felices e nos fan envexalos. Neste caso tratábase da illa de Barbados. A parte do exótico e fermoso da reportaxe, houbo un momento, cando nos explicaban a súa configuración, no que falaron da educación, e aí foi cando -por deformación profesional-, puxemos a orella.

Segundo nos dicían o sistema educativo de Barbados está moi recoñecido a nivel mundial polas taxas de éxito. Así nos amosaron un inicio de curso no que unha mestra se dirixía ao grupo de alumnado e dáballes tres consignas que nos pareceron dignas de recordar.

Dicíalles aos rapaces que terían que fomentar a capacidade de soñar, xa que logo os soños son os vehículos que os poderán levar a onde queiran. Explicáballes que a educación é o máis importante, por enriba doutras cuestións. E remataba recordándolles que teñen a obriga para cos demais de devolver o que se lles dá, o que reciben a través da educación.

Os soños, a educación e o compromiso co grupo. Pouco máis se lles pode inculcar aos rapaces. Nós non o facemos.

Poida que sexa necesario dicirlle de cando en vez que o que reciben non é de balde, que a educación é máis importante que a beleza, os cartos ou o recoñecemento (que é o que agora lle fai perder a cabeza aos nosos mozos e mozas. E poida que sexa preciso ensinalos a soñar os seus propios soños, non os impostos pola publicidade ou polo contexto.

A nós púxonos a pensar.

Certo é que, logo cando procuramos información na rede, vimos que non todo é tan marabilloso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: